Home / Actualidad / Charlas informativas en Narón, Fene e Neda sobre as axudas para a rehabilitación de vivendas no Camiño Inglés

Charlas informativas en Narón, Fene e Neda sobre as axudas para a rehabilitación de vivendas no Camiño Inglés

FERROL360 | Mércores 2 marzo 2016 | 17:40

Os Concellos de Narón, Fene e Neda organizan charlas informativas sobre as subvencións do Instituto Galego de Vivenda e Solo e coa colaboración do Ministerio de Fomento para rehabilitar vivendas e edificios localizados nos tramos do Camiño Inglés.

En Narón a xuntanza terá lugar este xoves no baixo da Biblioteca Municipal, ás 20.00 horas, e contará coa asistencia da arquitecta Ana Díaz, en representación do IGVS e o concelleiro de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos. Mentres, en Fene e Neda as charlas serán este venres.

Por unha banda, no salón de actos da Casa da Cultura de Fene, ás 20.00 horas, con representantes da Xunta de Galicia e do Concello. E na Casa da Cultura de Neda, ás 17:00 horas.

As axudas enmárcanse no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas, Plan estatal 2013-2016, que no caso de Narón afecta a inmobles localizados nas parroquias da Gándara, O Couto, Freixeiro, Piñeiros e Xuvia.

Contémplanse subvencións para obras de mantemento co fin de adecuar os edificios á normativa vixente; para mellora da eficiencia enerxética e das condicións de accesibilidade. O importe das mesmas non poderá exceder do 35 % do custe subvencionable da actuación e está limitado a 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.

No transcurso das charlas os asistentes recibirán información máis detallada sobre a finalidade das axudas e os requisitos para poder acceder ás mesmas. O prazo de solicitude das subvencións xa está aberto.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies