Home / Cultura / Charlas, música, poesía e teatro para celebrar o 40 aniversario da refundación do Ateneo Ferrolán

Charlas, música, poesía e teatro para celebrar o 40 aniversario da refundación do Ateneo Ferrolán

REBECA COLLADO | Ferrol | Venres 11 marzo 2016 | 14:31

Este mes de marzo o Ateneo Ferrolán celebra o 40 aniversario da dúa refundación, e para conmemorar esta data ten programadas varias actividades nas que non faltarán a música, o teatro, a poesía e a historia da entidade.

Os socios Francisco Iglesias, Soledad Fontenla e Luis Calvo, que conforman a Xunta Xestora que dirixe nestes momento o Ateneo ata que non haxa unha directiva, foron os encargados de presentar a programación festiva. Unha programación coa que queren «abrir unha vez máis o Ateneo á cidadanía da comarca» e apostar pola cultura da zona, asegurou Iglesias.

Así, o día 17 de marzo terá lugar a inauguración do programa de actos cunha exposición e poxa de cadros, que estará aberta ata o día 29 de abril, momento no que se adxudicarán as tres obras aos poxadores máximos. Tamén o día 17 inaugurarase unha mostra fotográfica da historia do Ateneo.

Xa o día 24 de marzo, o día no que se levou a cabo a refundación da asociación, o salón de actos da entidade acollerá unha charla a cargo do primeiro presidente do Ateneo tras a refundación, Fernando Álvarez, que falará dese proceso reconstituínte. Será ás 12:00 horas.

A continuación, descubrirase a placa do edificio co nombre de Ateneo Ferrolán. E para finalizar, haberá unha sesión vermú con Eugenia Sanmartín a súa música de países do sur de América.

Historia do Ateneo

Para falar sobre o contexto histórico do Ateneo, Eliseo Fernández e Bernando Máiz impartirán unha charla o xoves 31 de marzo ás 19:00 horas no salón de actos da entidade. E sobre o pasado, presente e futuro da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo, a asociación contará con Uxía Guitiérrz, Pilar Blanco e Fernando Rivera. Será o día 6 de abril, ás 19:00 horas.

A parte máis festiva da celebración chegará os días 16 e 29 de abril cun Festival Solidario e un Festival de Música. O Ateneo amplía as súas fronteiras o o sábado 16 de abril celebrará un Festival de música, teatro e poesía no centro cultural Carvalho Calero ás 18:00 horas. Ademais, haberá un sorteo de tres cadros de pintoras da asociación Conxeito.

E o día 29 de abril haberá un Festival de Música con grupos da comarca, aínda por confirmar, na sala de concertos SUPER 8, ás 21:00 horas.

Situación da entidade

Os obxectivos que se marca a Xunta Xestora para o Ateneo Ferrolán son basicamente tres: recuperar o edificio, recuperar o patrimonio que está embargado e recuperar socios. A Xestora é optismista e asegura que a situación da entidade «está encamiñada».

Para elo nos últimos meses mantiveron xuntanzas coa Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol e tratar de buscar unha solución á problemática que atravesa o Ateneo Ferrolán, que ten parte do seu patrimonio embargado.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies