Home / Ferrol / Ferrol / Charlas sobre a vespa velutina, o Camiño Inglés e a píllara das dunas este mércores e venres

Charlas sobre a vespa velutina, o Camiño Inglés e a píllara das dunas este mércores e venres

FERROL360 | Martes 28 marzo 2017 | 11:09

Semana de charlas na comarca para por o foco de atención en varios temas importantes da nosa contorna. A vespa velutina, o Camiño Inglés e a píllara das dunas serán os temas a tratar en conferencias que se levará a cabo en Neda, Ferrol e Narón este mércores e venres.

MoveNeda organiza uha serie de charlas sobre a vespa velutina para concienciar deste problema á rapazada dos colexios e instituto da vila. Esta semana e a seguinte visitarán o IES Fernando Esquío con dúas conferencias a desenvolver este mércores 29 ás 11:20 horas e o luns 3 de abril ás 13:20 horas.

En Ferrol, no salón de actos da Sociedade Galega de Historia Natural, terá lugar este venres unha conferencia sobre a píllara das dunas en Ferrolterra. Correrá a cargo de María Vidal Malde, bióloga da USC. A cita será ás 19:00 horas.

En Narón, o xornalista e divulgador da Ruta Xacobea Cristóbal Ramírez e o historiador e arqueólogo do Concello de Narón Andrés Pena, participarán na conferencia sobre o Camiño Inglés: «Unha ollada ao pasado e ao futuro».

A cita, aberta á asistencia do público en xeral, será este venres, a partir das 2000 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura. A iniciativa enmárcase na campaña Primavera no Camiño Inglés, impulsada pola Deputación da Coruña en colaboración, neste caso, co Concello de Narón.

Entre os obxectivos destas conferencias, que se imparten tamén noutros concellos da zona, están os de promocionar e impulsar a afluencia de visitantes desta Ruta Xacobea que transcorre pola provincia da Coruña, tal e como recordaron desde a organización.

A campaña consiste nun ciclo de conferencias divulgativas que se levarán a cabo en varias localidades sobre a historia e os numerosos atractivos desta ruta –culturais, naturais, etnográficos e arquitectónicos-.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies