Home / Cultura / Chega a Pontedeume a exposición IX Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez 2014

Chega a Pontedeume a exposición IX Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez 2014

FERROL360 | Martes 12 abril 2016 | 17:56

Desde este martes e ata o vindeiro 27 de abril, a Casa da Cultura de Pontedeume acolle a exposición IX Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez 2014. Os interesados en visitar a mostra poden facelo en horario de 18:30 a 20:30 horas.

A gañadora da IX edición foi Alicia Candiani polo seu traballo Diana (Centro I) realizado con diversas técnicas como o aguafuerte, chinèe collé, ou o troquelado. A súa obra exhibirase xunto con outros 27 traballos seleccionados polo xurado.

A Deputación a Coruña en recoñecemento ao labor realizado pola Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, convocou en 2014 o IX Premio internacional de arte gráfica Jesús Núñez.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies