Home / Cultura / Cheo na Fundaçom Artábria para escoitar a Ses en acústico este sábado polo Día das Letras

Cheo na Fundaçom Artábria para escoitar a Ses en acústico este sábado polo Día das Letras

FERROL360 | Xoves 11 maio 2017 | 12:25

Ses subirá de novo ao escenario da Fundaçom Artábria, seis anos despois do seu último recital alí, este sábado dende as 22:00 horas co gallo da programación especial da entidade polo Día das Letras 2017. Non queda nin unha soa entrada para escoitala en formato acústico con Tito Calviño nunha noite que promete ser inesquecíbel. Mais antes, dende as 17:00 horas, o mesmo sábado, os cativos terán unha festa con Paco Nogueiras e o seu Brinca Vai!, un espectáculo de balde para o que cómpre ter reserva feita.

A previa chega o venres ao local da Travesa de Batallóns coa banda Berlai, liderada polo antigo integrante de Fía na Roca Xiao Berlai, que presentará o seu primeiro traballo, Desconhecido, no que mistura música e banda deseñada. O músico compostelán presentará as súas cancións namentres o debuxante Ernesto G. Torterolo, autor do cómic que acompaña ao disco, fará un debuxo en directo por cada unha.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies