FERROL360 | Martes 28 xaneiro 2014 | 18:20
I?ll be watching you -Hei estar vixi?ndote- ? o t?tulo dun proxecto pedag?xico dirixido ? mocidade galega que ten como obxectivo sensibilizar ? poboaci?n ante condutas violentas.
Os protagonistas dun n?mero que combina a m?sica e o teatro son Patricia de Lorenzo e Manuel Cibr?n, integrantes do grupo Ch?vere. Eles analizan sobre os escenarios algunhas das canci?ns que perfilan ? muller coma un simple obxecto. Peza a peza, comentan as relaci?ns de parella, os ideais rom?nticos ou os modelos de home e de muller, presentes nas letras.
A finalidade ? reforzar o esp?rito cr?tico e evitar que sexamos impasibles ante os sinais evidentes de desigualdade entre homes e mulleres que se imprimen nalg?ns temas musicais m?is populares.
Partindo dun fragmento dunha peza do grupo The Police, I?ll be watching you estuda os roles tan estereotipados entorno ? muller asumidos en canci?ns como Te compro a tu novia de Los Cantantes ou outras dos m?is recentes de Andy y Lucas, Amaral ou James Blunt.
A trav?s deste espect?culo, enmarcado nun acordo de colaboraci?n entre a Secretar?a Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Fegamp, o alumnado de 3? e 4? da ESO do CPI de San Sadurni?o tomou conciencia este martes sobre a necesidade de previr situaci?ns que poden desembocar na violencia de x?nero.