Home / Ferrol / Neda / Chocolatada para os maiores en Neda o vindeiro 4 de xaneiro

Chocolatada para os maiores en Neda o vindeiro 4 de xaneiro

FERROL360 | Xoves 21 decembro 2017 | 17:05

O Concello de Neda organiza unha festa dedicada aos maiores para o vindeiro 4 de xaneiro. Trátase dunha chocolatada coa que se quere reunir ás persoas dunha certa idade nun acto no que haberá tamén roscón de Reis, ademais de música e sorteo de agasallos entre os asistentes.

As persoas interesadas en participar na cita poden recoller as súas invitacións ata o día 3 de xaneiro no Concello. Estas serán gratuítas para os maiores de Neda e terán un custo de cinco euros para os residentes noutros municipios limítrofes.

O centro cívico Ramón Millarengo acollerá a celebración, que dará comezo ás 18.00 horas, e á que desde o equipo de goberno se invita a asistir ao maior número de veciños que xa teñan cumpridos os 65 anos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies