Home / Cultura / Cine / Ciclo aberto de conferencias para entender o cine na Biblioteca de Ferrol

Ciclo aberto de conferencias para entender o cine na Biblioteca de Ferrol

FERROL360 | Xoves 14 xaneiro 2016 | 11:44

«Aprender a ver cine» é o un ciclo de conferencias aberto a todo o público, que terá lugar os segundos mércores de cada mes na Biblioteca Municipal de Ferrol. A iniciativa arranca o mércores 27 de xaneiro e continuará ata o mes de xuño.

A entrada é libre e a coordinadora deste ciclo de conferencias é Pilar Freire Rodríguez. As sesións terá lugar en horario de 18.00 a 20.00 horas.

A Biblioteca tamén oferta actividades periódicas de club de lectura, taller de escritura e a hora do conto. Así, o club de lectura de poesía reunirase o luns: 25 de xaneiro, 22 de febreiro, 14 de marzo e 11 de abril. A entrada é libre e coordina esta actividade Juan Carlos Valle, Karlotti.

O taller de escritura terá lugar todos os primeiros mércores de mes, de febreiro a maio, de 18.00 a 20.00 horas. É preciso realizar inscrición previa e a coordinadora é Luz María Leira Rivas.

Mentres, o club de lectura de narrativa reúnese todos os terceiros mércores de mes, de xaneiro a maio, de 18.00 a 20.00 horas. Tamén é preciso realizar inscrición previa para esta iniciativa, que coordina Norma Fariña Couselo.

O club de lectura positiva desenvólvese todos os últimos xoves de mes, de xaneiro a maio, de 18.00 a 20.00 horas. Tamén hai que inscribirse previamente e coordina esta actividade Sabela Naranjo González.

Por último, A hora do conto ten lugar na Biblioteca Municipal de Ferrol en venres alternos ás 18.00 horas na sala infantil-xuvenil. Para esta actividade requírese invitación.

Para obter máis información, os interesados poden chamar ao teléfono 981.944.182. Nas actividades que precisan inscrición existen listas de espera na que se poden apuntar previamente.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies