Home / Eume / CIG – Saúde denuncia a privatización do arquivo das historias clínicas e o despedimento de traballadores

CIG – Saúde denuncia a privatización do arquivo das historias clínicas e o despedimento de traballadores

FERROL360 | Mércores 23 decembro 2015 | 18:27

CIG – Saúde denuncia que tan só dous traballadores dunha empresa privada están a xestionar máis de 300.000 historias clínicas da Área Sanitaria de Ferrol. Un traballo que antes realizaban 17 empregados, segundo a central sindical.

Para o sindicato a situación do arquivo das historias clínicas é «inasumible» e culpa da mesma aos responsables da Área Sanitaria de Ferrol, que contrataron a unha empresa para realizar esta xestión por 210.000 euros.

Explican desde CIG-Saúde que «pasouse dun acceso case inmediato durante as 24 horas, os 7 días da semana, a non ter servizo nin polas noites, nin nos días festivos, nin nas fins de semana, coa imposibilidade de poder ter información que demande o profesional na asistencia en situacións de urxencia».

Tamén se queixa da «irreversible perda da información persoal contida nas Historias Clínicas», xa que pasouse dun mantemento diario á imposibilidade de resolución de ningunha incidencia.

O sindicato censura as «políticas fracasadas de privatización salvaxe e temeraria» da Xunta de Galicia e critica que un servizo público como o de subministros, que funcionaba perfectamente «o deixan en mans dunha empresa privada perdendo toda esa experiencia e calidade, e rematando por esmorecer».

Ante esta situación, a central sindical pregunta aos pacientes da Área Sanitaria de Ferrol se saben que eles son os titulares da historia clínica e se son coñecedores de que eses datos relativos á saúde teñen a consideración de especial protección e que van deixar de ser custodiados pola Administración Pública para caer nas mans dunha empresa privada.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies