Home / Sociedad / Tendencias / Mercadillos / Cinco veciñas de Neda organizan un mercadiño solidario esta fin de semana

Cinco veciñas de Neda organizan un mercadiño solidario esta fin de semana

FERROL360 | Viernes 15 diciembre 2017 | 11:16

Este sábado e domingo na da Casa das Palmeiras de Neda acollerá un mercadiño solidario impulsado por cinco veciñas da vila para botar unha man ás familias que están pasando un mal momento.

‘Con y para Neda con amor’ é o lema desta iniciativa solidaria na que se porán á venda medio cento de bonecas como as míticas Nancy e Nenuco, entre outras moitas.

Estes xoguetes foron amañados por algunhas das organizadoras do evento e agora xa locen como se por eles non tivera pasado o tempo. Os prezos das bonecas oscilarán entre os oito e os 35 euros. Tamén haberá artesanía miyuki, unha arte xaponesa a base de pequenos cristais de forma cilíndrica e fíos moi especiais.

No exterior da Casa das Palmeiras situarase unha tómbola na que haberá máis de 300 obxectos como bicicletas, peluches, contos, xogos, entre outros moitos, que se sortearán entre as persoas que merquen, por cinco euros, un total de tres números diferentes. Todas as rifas terán premios, segundo se fai constar desde a organización.

Tamén haberá venda de roupa de segunda man e os prezos andarán entre os cincuenta céntimos e os tres euros. Todos os cartos recadados, tanto pola venda de bonecas, artesanía e roupa, como polo xogo do azar, irá parar ás familias que o precisen a través de Cáritas.

O Concello de Neda colabora con esta iniciativa e dnesde a organización invita a participar á veciñanza para, entre todos, axudar aos veciños que menos teñen. A Casa das Palmeiras estará aberta ao público, durante as dúas xornadas, entre as dez da mañá e as nove da noite en horario continuado.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies