Home / Ferrol / Cedeira / Cincocentas palilleiras participarán este sábado na XI Xuntanza de Palilleiras de Cedeira

Cincocentas palilleiras participarán este sábado na XI Xuntanza de Palilleiras de Cedeira

FERROL360 | Venres 17 outubro 2014 | 20:10

Cedeira celebra este sábado unha nova edición da súa Xuntanza de Palilleiras. Nesta ocasión, a cita cumpre once anos de vida baixo a organización da Asociación de Amas de Casa da vila e coa colaboración do Concello.

O pavillón polideportivo acollerá este evento, que dará comezo ás 10:00 horas coa participación dunhas cincocentas palilleiras procedentes das catro provincias galegas e das comunidades de Asturias e Cantabria.

O encontro incluirá as demostracións en directo por parte de palilleiras de todas as idades, dende nenas de catro e cinco anos ata mulleres que superan os noventa. Tamén haberá homes, aínda que en menor medida, xa que representan o 1 % dos participantes.

Amosarán ao público técnicas como a do bolillo, o bordado a man, calceta ou patchwork; será entre as 10:00 e as 14:00 horas e as 16:00 e as 19:00 horas. A entrada é gratuíta ao recinto e nel tamén asentarán os seus postos de venda artesáns procedentes de Camariñas, Zas ou Santiago de Compostela.

A programación do encontro inclúe unha exposición no Palacete Municipal cos traballos realizados nos cursos da asociación ao longo do pasado curso. Ao remate da xuntanza, e como é tradición, entregaránse os premios á asociación máis numerosa, á que acude dende máis lonxe, á palilleira de maior e á de menor idade.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies