Home / Cultura / Cine / Cine, lecturas e concertos enchen de vida o Ateneo Ferrolán

Cine, lecturas e concertos enchen de vida o Ateneo Ferrolán

FERROL360 | Martes 11 marzo 2014 | 13:01

Un lugar de encontro para a cultura. Así se define unha entidade que leva dende o ano 1879 «en permanente actualización e en constante sintonía cultural, política e social co pobo, en defensa da lingua e a cultura galega especialmente». O edificio, situado na ferrolá rúa Magdalena, 202 – 204, programa semanalmente unha serie de actos culturais de gran variedade para satisfacer os gustos de tódolos públicos.

A primeira das citas se iniciará este martes no salón de actos ás 19:00 horas coa proxección do filme 4 meses, 3 semanas, 2 días, pertencente ao ciclo de cine ‘Reflexións: O embarazo e o dereito a decidir’. A película narra a historia de Otilia e Gabita, dúas estudantes que comparten cuarto durante a última etapa comunista de Romanía. Gabita está embarazada, pero non quere ter o fillo e acorda un encontro nun hotel barato con Mr. Bebe para que lle practique un aborto ilegal.

Este drama dirixido por Cristian Mungiu recibiu a Palma de Ouro á Mellor Película no Festival de Cannes en 2007.

Ás 19:30 horas, no salón da terceira planta, haberá o tradicional club de lectura, que se leva celebrando dende o ano 2002 un martes de cada mes e no que os socios e socias do Ateneo reflexionan arredor dun libro. Neste caso, guiados pola profesora Ánxeles Seoane, percorrerán El callejón de los milagros, obra do escritor exipcio e Premio Nobel Naguib Mahfuz.

Nas súas páxinas, describe a través das numerosas personaxes unha sociedade pechada, frustrada e chea de desexos imposibles. É unha representación atemporal do conflito constante entre a tradición e a modernidade; unha comparativa do pasado e o presente debuxado na pel de varios mozos que soñan con saír dun barrio para emprender as súas propias aventuras.

O xoves, o colectivo Chimarrao, que continúa conmemorando o Día da Clase Obreira Galega, iniciará ás 19:00 horas unha xornada de debate titulada Dinamización da loita obreira. Nela, intervirán membros da CNT e Ignacio Martínez (INTG).

A entrada á sesión é gratuíta.

Para o venres, o salón de actos agarda a representación literaria de La farmacia de A. Chéjov a partir das 20:30 horas. Será un percorrido por varios textos do dramaturgo ruso, da man de Ángel Simón. A entrada, neste caso, custará entre 4 e 6 euros, para os socios e non socios, respectivamente.

Xa o sábado, a música de Óscar Fojo encherá de color e bo ambiente o local cultural, ofrecendo un concerto dende as 12:00 horas para amenizar a clásica sesión vermú.

E de cara ás 20:00 horas, o público gozará dun novo proxecto musical a cargo de Pelillos a la mar, unha banda composta polos músicos Airan Beltrán García, Xurxo García e Lucía Cortiñas Lorenzana. O salón de actos acollerá esta cita, na que as entradas custan entre 2 e 3 euros, socios e non socios da entidade, respectivamente.

Ángel Simón interpretará algúns dos textos de Chejov, o venres no Ateneo Ferrolán

Ángel Simón interpretará algúns dos textos de Chéjov o venres no Ateneo Ferrolán

Óscar Fojo amenizará a sesión vermú do Ateneo o sábado ás 12:00 horas

Óscar Fojo amenizará a sesión vermú do Ateneo o sábado ás 12:00 horas

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies