Home / Cultura / Cine / Cine Reflexi?ns: O embarazo e o dereito a decidir, novo ciclo do Ateneo Ferrol?n

Cine Reflexi?ns: O embarazo e o dereito a decidir, novo ciclo do Ateneo Ferrol?n

FERROL360 | Luns 10 febreiro 2014 | 19:55

O Ateneo Ferrol?n pon en marcha un novo ciclo de cine baixo o t?tulo Cine Reflexi?ns: O embarazo e o dereito a decidir. As sesi?ns ter?n lugar os martes ?s 19:00 horas no local da entidade e son gratu?tas.

As?, o programa arranca este martes 11 de febreiro co filme Caf? irland?s. Unha comedia de Reino Unido, do ano 1993, na que traballan Tina Kellegher, Colm Meaney, Ruth McCabe, Brendan Gleeson, Peter Rowan e Colm O’Byrne baixo as ordes do director Stephen Frears.

Os membros dunha familia numerosa irlandesa reaccionan de forma distinta ante a noticia de que a filla maior est? embarazada, sobre todo, porque nin sequera ten noivo, as? que os seus familiares est?n intrigados por saber quen ? o pai da criatura.

O 18 de febreiro t?calle o turno a El secreto de Vera Drake, un drama de Reino Unido do ano 2004.?O director ? Mike Leigh e o reparto est? composto por Imelda Staunton, Phil Davis, Adrian Scarborough e Daniel Mays, entre outros.

Londres, 1950. Vera Drake ? unha humilde muller que vive co seu marido e os seus fillos. Ela ? limpadora e o seu marido ? mec?nico. Non te?en cartos, pero son unha familia unida e s?ntense felices. Vera ded?case completamente ? s?a familia, pero ten un segredo: axuda a rapazas a practicar abortos, unha actividade ilegal.

Las normas de la casa de la sidra prox?ctase o 25 de febreiro. Outro drama, neste caso de EEUU, do ano 1999. Tobey Maguire, Charlize Theron, Michael Caine, Delroy Lindo e Paul Rudd, entre outros, conforman o reparto. O director ? Lasse Hallstr?m.

Homer Wells viviu durante toda a s?a vida entre as paredes do illado orfanato de St Cloud. Cando chega ? adolescencia, o director do centro, o doutor Larch, prep?rao para ser o seu sucesor. Pero o mozo sente a necesidade de abandonar o orfanato e co?ecer o mundo. Cativado pola beleza dunha rapaza que visita o orfanato, Homer decide que chegou a hora de partir.

Pecha o ciclo o filme 4 meses, 3 semanas, 2 d?as, que se proxectar? o 4 de marzo. Un drama do ano 2007 e con selo de Roman?a. O director ? Cristian Mungiu e o reparto est? composto por Anamaria Marinca, Vlad Ivanov, Laura Vasiliu e Alexandru Potoceanu.

Roman?a, durante os ?ltimos d?as do comunismo. Otilia e Gabita son estudantes e comparten cuarto nunha residencia en Bucarest. Gabita est? embarazada, pero non quere telo. As mozas acordan un encontro cun tal Mr. Bebe nun hotel barato para que lle practique un aborto ilegal.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies