Home / Cultura / Cine / Cita co cine de vangarda galego en Neda este venres

Cita co cine de vangarda galego en Neda este venres

FERROL360 | Venres 13 outubro 2017 | 11:00

A Casa da Cultura acollerá este venres a proxección de curtas realizadas por cineastas do denominado Novo Cinema Galego, autores galegos que están a facer cine desde a vangarda. A iniciativa, que leva por nome Piñas e mistos, arrincará ás 20.30 horas.

Na cita poderemos ver obras de cineastas independientes que están a gañar premios nos festivais máis importantes do mundo, como Cannes, Rotterdam, Toronto, FID Marseille, Oberhausen, San Sebastián, Mar del Plata ou Lincoln Center, entre outros. Gonzalo E. Veloso será o encargado de guiar a sesión.

O Concello de Neda conta coa colaboración da Asociación Cultural Millo para a celebración dun programa que incluirá a proxección de alomenos seis curtas. O goberno local invita á veciñanza a interesarse polo que se está a facer en Galicia en materia de cine de vangarda.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies