FERROL360 | Venres 21 febreiro 2020 | 13:17
Un 24 de febreiro de 1837 nacía en Compostela a escritora galega máis universal: Rosalía de Castro. Cada ano, por estas datas, o mundo da cultura réndelle homenaxe con actos espallados por todo o país. Na nosa contorna salientamos os seguintes:
NARÓN
O venres 21 ás 19:00 horas faladoiro na biblioteca municipal: De Rosalía de Castro a hoxe: a escrita feminista na literatura galega, por María Reimóndez. De 16:00 a 18:00 horas na ludoteca da Solaina haberá xogo de mesa sobre a vida da escritora para nenos e nenas de 7 a 12 anos.
O sábado 22 ás 11:15 horas haberá obradoiro de marca páxinas para a cativada desde os 3 anos. Ás 12:00 horas, tamén na biblioteca, lectura pública da obra de Rosalía que abrirá a alcaldesa, Marián Ferreiro. Ás 12:45 horas no parque de Rosalía na Gándara se plantará unha figueira da Casa Museo doado pola Fundación.
Nas librarías, as persoas que merquen libros en galego nestas datas levarán unha flor como agasallo.
CABANAS
Este venres 21 ás 18:00 horas no Salón de Plenos terá lugar o espectáculo A estrela de Rosalía con entrada de balde. Chega da man de Marisa Irimia e combina poesía e narracións para o público infantil e xuvenil.
PONTEDEUME
O sábado 22 de febreiro comezan as actividades cunha homenaxe na praza Rosalía de Castro ás 12:30 horas no que haberá recital dos poetas Francisco Vila e María José Allegue, antes da ofrenda floral coa actuación da A.C.M. Airiños do Eume.
O venres 13 de marzo ás 19:30 horas na Casa da Cultura terá lugar unha lectura participada de poemas.
O mércores 18 de marzo ás 20:00 horas na biblioteca unha actuación para nenos e nenas sobre Rosalía.
O luns 23 ás 12:30 horas no paseo Rosalía de Castro un acto escolar intercéntrico cunha sementeira de versos.
FERROL
O domingo 23 ás 12:00 horas na praza de Rosalía de Castro, en San Xoán. Concerto de Xoán Padín, ofrenda floral, lectura de poemas e agasallos conmemorativos. Os usuarios da biblioteca que leven emprestado un libro o 24 de febreiro recibirán un marca páxinas.
FENE
O domingo 23 ÁS 12:30 horas o parque de Rosalía de Castro de Perlío acollerá o acto institucional do Concello de Fene no se darán lectura do manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega por parte de Loreto de Castro e haberá unha ofrenda floral. Fan un chamamento á hostalería para que ese día sirvan como tapa o xa famoso Caldo de Gloria inspirado no poema Miña casiña, meu lar.
CEDEIRA
O luns 24 ás 12:00 horas na biblioteca haberá lectura da súa obra e encontro da veciñanza en torno á figura da escritora.
ARES
O xoves 27 febreiro no parque de Rosalía de Castro haberá unha lectura da súa obra de 11:00 a 13:00 horas.
O venres 28 ás 19:30 horas na Alianza Aresana a conferencia Rosalía, a intención da súa obra por Francisco Rodríguez Sánchez.
O sábado 29 ás 20:00 horas na biblioteca unha representación poética dramatizada: A carón do lume, do Grupo Fantasía.
ORTIGUEIRA
O colectivo Entre Fogones encargarase de cociñar o Caldo de Gloria na residencia de persoas maiores, utilizando verduras ecolóxicas e contando tamén coa colaboración da carnicería Salgueiro.
Usuarios e usuarias de Aspromor levarán camelias ao centro, mentres que o alumnado do IES de Ortigueira recitará poemas de Rosalía.
Ademais, catro establecementos do municipio responderon á convocatoria do Concello e terán esta receita nas súas cartas. Son a cafetería Alameda, os mesóns O Malecón e Río Sor e o restaurante Orillamar de Espasante.