Home / Cultura / Colaboración entre o Padroado de Cultura de Narón e o Teatro Colón para ofrecer descontos ós abonados

Colaboración entre o Padroado de Cultura de Narón e o Teatro Colón para ofrecer descontos ós abonados

FERROL360 | Mércores 22 abril 2015 | 16:06

Os abonados do Padroado de Cultura de Narón e do Teatro Colón de A Coruña están de noraboa, porque a partires deste mércores poderán gozar de descontos, vantaxes e servizos adicionais en ambos espazos. Así, terán un 10 % de desconto nas entradas e terán dereito de reserva das mesmas por vía telefónica, ata unha hora antes do inicio do espectáculo.

O alcalde de Narón e presidente do Padroado de Cultura, José Manuel Blanco, e o xerente do Teatro Colón de A Coruña, Valentín Rodríguez Viera, asinaron este mércores un convenio de colaboración para o fomento das artes escénicas co que se oferta aos abonados as vantaxes citadas.

O xerente do Teatro Colón indicou que o obxectivo é fomentar o intercambio cultural, «a fidelización e a creación de novos públicos» e unha ampliación de servizos e vantaxes ós abonados do Padroado de Cultura e do Teatro Colón. Engadiu que «é un acordo aberto e ampliable a outros teatros» e confía en que o vínculo co Padroado naronés sexa «longo e duradeiro».

Pola súa banda, o alcalde de Narón asegurou que «é un orgullo lograr un acordo co Teatro Colón» porque amosa que o traballo en materia de cultura que vén realizando Narón é «preciado e recoñecido».

O convenio estará vixente ata o 31 de decembro de 2016, podéndose renovar anualmente de mutuo acordo. Ambas partes comprométense a facilitar os descontos e servizos adicionais que habitualmente ofrecen ós seus abonados de forma recíproca, así como a realizar un intercambio de información e envío de programacións de ambos espazos ós seus abonados.

Este convenio é un primeiro paso para establecer unha rede de colaboración máis ampla. Por iso, o Padroado de Cultura e o Teatro Colón convidarán ó resto de teatros da provincia a sumarse a esta rede.

Banner Odeon

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies