Home / Actualidad / Comenzan os traballos da terceira fase da ampliación da rede de abastecemento a Cervás

Comenzan os traballos da terceira fase da ampliación da rede de abastecemento a Cervás

FERROL360 | Luns 12 setembro 2016 | 00:33

O Concello de Ares comeza este luns os traballos correspondentes á terceira fase de ampliación da rede de abastecemento de auga en Cervás, unha vez que xa foi asinada a acta de replanteo das obras. A empresa Begasucegsa é a encargada de realizar esta actuación, financiada con cargo ao Plan de Obras e Servizos -POS- da Deputación Provincial correspondente a esta anualidade.

As obras desta terceira fase abarcan a ampliación da rede de abastecemento dende os depósitos hacia a zona de Montefaro continuado ata Teixeiro, coa instalación dun grupo de impulsión para salvar o desnivel existente entre o punto de acometida no depósito e a zona con máis altitude, cercana ao cruce de Santa Catalina.

Con esta obra, dentro do programa de actuacións que se está levando a cabo na rede municipal de auga potable, e dun xeito específico nos núcleos de poboación rurais, dotarase de auga potable a unhas trece vivendas a partir do novo sistema de abastecemento en Cervás.

A intervención conta cun prazo de exexución de dous meses e un orzamento de 76.846,04 euros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies