Home / Ferrol / Cedeira / Comeza este sábado en Cedeira a III edición do Festival de Música Galego-Portuguesa

Comeza este sábado en Cedeira a III edición do Festival de Música Galego-Portuguesa

O cantante Oscar Fojo Lamas que tocará no Festival de Música Galego-Portuguesa (foto: Facebook de Oscar Fojo)

O cantante Oscar Fojo Lamas que tocará no Festival de Música Galego-Portuguesa (foto: Facebook de Oscar Fojo)

FERROL360 | Martes 28 maio 2019 | 17:52

O Concello de Cedeira presentou a III edición do Festival de Música Galego-Portuguesa, que este ano difúndese baixo o lema «Traz tambén outro amigo» e que pretende estreitar lazos de amizade co país veciño coa música coma instrumento de unión, encontro e transformación social. O programa arranca este sábado día 1 e terá continuidade a seguinte semana entre os días 3 e o 9 de xuño.

Todo o programa é de libre acceso e os concertos de balde. Ademais, tanto o noso idioma como o portugués non só terán presenza nas actuacións musicais, senón que tamén se falará nas distintas charlas e obradoiros que conforman unha completa programación que comeza o vindeiro sábado a partir das 20:00 horas no auditorio municipal.

A primeira actuación será ás 20:00 horas cun espectáculo poético-musical chamado «Trazexpandido» protagonizado polo escritor Antón Cortizas, o ilustrador, Leandro Lamas e a música de Óscar e Silva Fojo aos que tamén acompañarán o colectivo musical Fatado do Colo.

A continuación, no mesmo escenario e para rematar a xornada terá lugar a actuación do dúo «Falua», formado por Sara de Sousa e Gom de Abadin. Antes do peche haberá un sorteo dunha acuarela feita durante a actuación polo artista Leandro Lamas.

Logo deste singular comezo, o vindeiro luns 3 de xuño arrancará a segunda parte do programa, no IES Punta Candieira, que terá como punto de partida unha charla do escritor Antón Cortizas sobre a «Anatomía da lingua».

Para finalizar haberá un obradoiro chamado «A lingua é a nossa Vantagem» que dará membros da Associaçom Galega da Língua e na que tamén participarán alumnos do centro escolar.

O xoves, día 6, o festival trasladarase á Sala Áncora coa charla-concerto «Pessoa e o fado: fontes para un proxecto pop-rock» de Gonçalo Guerreiro.

Cedeira canta fados

Ao día seguinte, o venres día 7 as charlas serán no hotel Herbeira que a partir das 19:00 horas acollerá unha charla na que tomarán parte Ana Pinhal, cantante no grupo Fado Violado, e o músico Javier Carrasco.

A xornada finalizará, co festival Cedeira canta fados, no auditorio con actuacións de Coral Eixil, Acordeóns de Cedeira, Cantareiras de Buxainas e Fado Norte. Será a partir das 22:00 horas, namentres que ás 23:00 será o turno de Clave de Fado.

O sábado día 8 de xuño a partir das 12:00 haberá unha charla na biblioteca do auditorio municipal na que o investigador da Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo, Burghard Baltrusch nos contará un pequeno panorama da historia lusófona.

O mesmo día pola noite a partir das 22:30 horas tocará o dúo portugués, Fado violado, no auditorio municipal.

Para finalizar o festival, o domingo, constituirase nun acto a Rede da GaliLusofonía, unha entidade que agrupa a entidades portuguesas e galegas co obxectivo de estreitar lazos co país veciño.

A despedida do festival será a partir das 19:30 horas no auditorio coas actuacións do grupo portugués, Canto d ́aquí, e da banda Vila de Cedeira.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies