Home / Ferrol / Ferrol / Comeza o curso escolar da aula hospitalaria do Complexo Hospitalario de Ferrol

Comeza o curso escolar da aula hospitalaria do Complexo Hospitalario de Ferrol

FERROL360 | Venres 9 outubro 2015 | 17:05

A aula hospitalaria da Xerencia Integrada de Ferrol comezou esta semana o seu novo curso escolar 2015-2016 con diversas actividades que fan máis agradable a estadía dos máis pequenos no recinto hospitalario. Unha iniciativa na que colaboraran diferentes entidades da comarca aportando o seu gran de area.

A Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña e a Asociación ADRA acoden os últimos mércores de cada mes para levar a cabo unha serie de actividades no marco do programa «Avó, cóntame e cántame que me encanta»; os voluntarios da Cruz Vermella traballan cos cativos os martes e os sábados.

Os doutores sorriso da Fundación Theodora visitan todos os luns ós nenos, no marco dun convenio entre a Fundación Paideia Galiza; as mascotas do Rick e Rock de Alcampo; e a Universidade da Coruña colaboran co programa Aprendo xogando con futuros enfermeiros.

Ademais, este ano inclúese unha nova actividade: Scrap, que consiste en papiroflexia para nenos e pais e se realizará. Coa mesa chea de gomas, colas, cinta de dobre cara, máquinas de troquelado, cortadoras, purpurinas, tintas, e papelería de distinto tipo, comezaron a traballar este ventes na nova actividade, coa que crearon as súas propias tarxetas personalizadas.

Xogar sen deixar de aprender no Hospital

A Aula Hospitalaria funciona na área sanitaria de Ferrol dende xuño de 2007. Ten unha capacidade para 30 nenos entre os 1 e os 18 anos. Por este espazo educativo e lúdico pasan unha media diaria de oito nenos e conta cun lugar de reunión de pais e profesionais, con arquivo de material. A aula está dirixida por unha mestra de Educación.

A zona de Educación Infantil está dedicada ós máis pequenos, de tres a seis anos; unha segunda zona de Educación Primaria, pensada para ofertar resposta educativa a un abano de rapaces entre os seis e os doce anos; un recuncho de lectura; e un recuncho de novas tecnoloxías con equipamento para traballos, e con e conexión vía Internet con outras aulas.

Normalmente, en horario de mañá, a mestra abrangue os obxectivos de tipo pedagóxico e curricular; e, xa pola tarde, compleméntase este labor con actividades que favorecen que o procese de hospitalización sexa máis ameno.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies