Home / Ortegal / Cerdido / Comeza un novo curso de fruticultura en Cerdido con 18 desempregados

Comeza un novo curso de fruticultura en Cerdido con 18 desempregados

FERROL360 | Mércores 13 abril 2016 | 11:30

Este xoves dará comezo en Cerdido un novo curso da Rede Xiana da Deputación da Coruña. Neste programa formativo participarán 18 desempregados das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, que terán a oprtunidade de formarse para a inserción laboral ou o autoemprego no rural.

O Concello de Cerdido salienta a súa aposta polo rural e polo emprego, así sinalan desde a administración local que algúns alumnos de anteriores cursos, tanto de fruticultura como de atención sociosanitaria, xa asinaron contratos de traballo.

Este curso, que conta cunha achega económica para os participantes en forma de beca de formación, desenvolverase na Casa da Cultura en horario de 8:30 a 14:30 horas. Ten unha duración total de 880 horas, das que 600 son de formación teórica, 80 de orientación laboral e 200 de formación práctica en entidades e empresas da provincia relacionadas co sector.

Os obxectivos do curso pasan por proporcionar a información, formación e experiencia profesional necesaria para realizar as pequenas operacións de instalación, mantemento, producción e recolección nunha explotación frutícola.

Tamén aprenderá a controlar a sanidade vexetal, manexar a maquinaria, aplicar criterios de boas prácticas agrícolas, de rendabilidade económica e cumprir coa normativa medioambiental, de control de calidade, seguridade alimentaria e prevención de riscos laborais.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies