Home / Actualidad / Comezan as obras de recuperación do edificio anexo ao Pazo da Marquesa en San Sadurniño

Comezan as obras de recuperación do edificio anexo ao Pazo da Marquesa en San Sadurniño

As obras no Pazo da Marquesa deron comezo este luns (foto: Concello de San Sadurniño)

As obras no edificio anexo ao Pazo da Marquesa deron comezo este luns (foto: Concello de San Sadurniño)

FERROL360 | Luns 15 xullo 2013 | 21:33

Este luns comenzaron as obras de recuperación do edificio anexo ao Pazo da Marquesa, en San Sadurniño. A empresa Xestión Ambiental de Contratas executa a iniciativa, por un importe de 258.950, 27 euros.

A materialización do proxecto iniciouse coa retirada de uralitas da cuberta. Prevé un bloque de menor altura para “realzar a figura do pazo histórico recén restaurado ao seu carón”, indica o Concello.

Os prazos estipulados indican que os traballos terán que estar rematados o vindeiro mes de setembro. O consistorio destinará o inmoble a escola infantil e centro de servizos con locais para emprendedores.

De xeito paralelo, o Concello mantén aberto o proceso de contratación do equipamento interior do Pazo da Marquesa, por 137.500 euros. Este vindeiro venres expira o prazo de presentación de propostas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies