Home / Deportes / Comezan os traballos para o cambio a herba artificial do campo de fútbol de Currás

Comezan os traballos para o cambio a herba artificial do campo de fútbol de Currás

FERROL360 | Martes 7 xullo 2015 | 20:00

No mes de setembro o campo de fútbol de Currás, en San Sadurniño, terá que estar listo para o comezo da liga e co cambio a herba artificial realizado. Así, este martes arrancaron os traballos de medición de cotas para acometer dentro duns días o movemento de terras.

A remodelación do campo de fútbol municipal consistirá na sustitución de 5.000 metros cadrados de céspede natural por un manto sintético, ademais de acondicionar o perímetro do terreo de xogo e de dotalo de novas porteirías.

As obras, que adxudicáronse en algo máis de 323.000 euros, finánzanse con fondos procedentes da Deputación da Coruña e con elas búscase abaratar custes de mantemento e dispor dunhas instalacións que solucionen os problemas de uso durante o inverno.

A transformación da cancha abre as portas a que outros equipos poidan empregar o recinto, no que adestran e xogan os equipos do C.F. San Sadurniño e xestiona as escolas de fútbol municipais. Deste xeito, se garante «o aproveitamento óptimo dun espazo no que se van investir unha importante cantidade de recursos públicos», di a nova titular de Deportes, Sabela Íñiguez.

Neste campo Unha carga moi intensa que impedía recuperar o terreo dunha semana para outra e que mesmo obrigou ao clube a botar man do campo de Santa Mariña ou alugar instalacións noutros concellos en varias ocasións. «O cambio a herba artificial solucionará todos estes inconvenientes», asegura a nova titular de Deportes, Sabela Íñiguez, quen engade que as obras «minimizarán o traballo necesario para ter o campo sempre en perfectas condicións».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies