FERROL360 | Sábado 9 abril 2016 | 17:01
O concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, convoca ao sector hostaleiro da localidade a unha reunión de traballo para «darlle un novo pulo, un salto cualitativo, ao programa Narón Gastronómico». A cita será o luns 11 de abril na Biblioteca municipal, ás 17:00 horas.
Villamar explica que entre as prioridades do encontro está a creación do Club Narón Gastronómico, un espazo no que o Concello e os hostaleiros locais colaborarán na integración das diferentes actividades a impulsar para «crear talento, fomentar a innovación e pór en valor a hostalería naronesa».
O club terá unha páxina web e disporía dunha oficina técnica a través da que se informará aos representantes do sector das actividades a levar a cabo. Ademais, o edil aproveitará a xuntanza para escoitar as demandas do sector, polo que animou aos hostaleiros do municipio a acudir a esta convocatoria.