Home / Sociedad / Naturaleza / Concello de Ortigueira e o colectivo Etiquefasnoortegal poñen en marcha o proxecto Ortegal Sostible

Concello de Ortigueira e o colectivo Etiquefasnoortegal poñen en marcha o proxecto Ortegal Sostible

FERROL360 | VenRes 21 outubro 2016 | 12:07

O Concello de Ortigueira e o colectivo Etiquefasnoortegal unen forzas para poñer en marcha o proxecto Ortegal Sostible. Unha iniciativa que busca levar «a toda a cidadanía unha mensaxe en prol da sustentabilidade medioambiental».

Con este obxectivo programaron unha serie de actividades «encamiñadas a espertar conciencias, incitar á relfexión e propiciar o cambio cara uns hábitos máis sostibles e respetuosos coa nosa contorna».

O programa arranca este venres e terá continuidade ao logo dos meses de outubro e novembro. Así, o Teatro da Beneficencia acollerá esta tarde a proxección do documental Mañana, que recolle iniciativas sostibles de todo o mundo. A cita será de 19:30 a 22:30 horas.

O sábado haberá actividades en horario de mañá e tarde. A xornada comezará cun obradoiro de cosmetica natural e sostible no que os participantes aprenderá a elaborar cremas, xabróns e barras de cacao, entre outros, sen facer uso de produtos químicos. O obradoiro terá lugar no Centro de visitantes, de 11:30 a 13:30 horas, e será impartido por María de A Esteada Meiga.

Xa pola tarde terá lugar unha charla informal con Emilio Mula, realizador de documentais, colaborador do movemento cidades en transición en Totnes -Reino Unido- e permacultor. Falará das experiencias que se están a desenvolver noutras partes do mundo encamiñadas a facer pobos e cidades máis sustentables. A cita será no Centro de Visitantes ás 17:30 horas.

Para pechar a xornada, ás 22:30 horas celebrarase un Pechakucha, na taberna A Escondida de Espasante. O Pechakucha é un formato de ponencias moi breves no que diferentes persoas comparten ideas ou modos de vida.

Na xornda do domingo 23 de outubro hai preparado un showcooking ou mostra de como cociñar con produtos locais e de tempada. Isma será o encargado de impartir este obradoiro, no que utilizará produtos locais e ecolóxicos das empresa Bron Horta Natural e Mar de Ardora.

A actividade desenvolverase no Mercado de Abastos, de 12:30 a 14:00 horas, e o participantes aprenderán novas receitas e como incorporar dun xeito creativo estos produtos á nosa dieta.

Programación novembro

Para o mes de novembro hai programadas dúas actividades. A primeira será o venres día 18 e consistirá na proxección do filme Midway. Será no Teatro da Beneficencia ás 20:00 horas. A segunda das citas será o sábado día 19 de novembro e nela se presentará a recollida de lixo. A Fundación Ortegalia acollerá esta actividade, que comezará ás 11:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies