Home / Eume / A Capela / Concellos das comarcas buscan alternativas a Sogama

Concellos das comarcas buscan alternativas a Sogama

REBECA COLLADO | Narón | Martes 22 abril 2014 | 16:14

Os concellos de Narón, San Sadurniño, Mugardos, As Pontes, A Capela, Cariño, Ares e Monfero unen forzas para buscar unha alternativa a Sogama despois de que anunciara unha suba do 34 % na súa factura. Alcaldes e representantes deste municipios, excepto os de Ares e Monfero por problemas de axenda, mantiveron este martes unha xuntanza en Narón e decidiron «crear una comisión» para «buscar unha alternativa máis viable» desde un punto de vista económico, sostible e social.

Así, a comisión conta con técnicos dos concellos de Narón, San Sadurniño e As Pontes. O seu labor consistirá en «analizar tecnicamente as posibilidades e ver a onde podemos camiñar», asegurou o alcalde de Narón, José Manuel Blanco. Tamén estarán en contacto con cidades coma Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra «para chegar a unha solución viable para todos».

Blanco tamén apuntou que onte estaba confirmada a presenza de varios alcaldes do Partido Popular, pero «alguén debeu de tocar a corneta» porque finalmente non asistiron, afirmou. En todo caso, quixo aclarar que «non estamos por botarlle a culpa a ninguén, aínda que hai responsables».

Pola súa banda, o alcalde de San Sadurniño, Secundino García, afirmou que a comisión está «aberta» para aqueles concellos que non estiveron este martes na xuntanza e lembrou que Sogama «nos cobra por un servizo que non fai», xa que non está a tratar os residuos.

Ademais, García informou de que o seu Concello xa recibiu a factura do pasado mes de marzo co incremento do 34 %. Asimesmo, anunciou que o recibo «o temos en Intervención para que nos digan o que temos que facer».

García e Blanco en rolda de prensa este martes (foto: Rebeca Collado)

García e Blanco en rolda de prensa este martes (foto: Rebeca Collado)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies