Home / Ferrol / Ferrol / Concentración ás 12:00 horas deste sábado en Armas na defensa dunha herdanza renovable para o planeta

Concentración ás 12:00 horas deste sábado en Armas na defensa dunha herdanza renovable para o planeta

FERROL360 | Sábado 28 novembro 2015 | 10:26

O Concello de Ferrol e movemento ecoloxista da comarca convocan unha concentración este sábado, ás 12:00 horas, pola defensa dunha herdanza sostible para o planeta e os homes e mulleres do futuro. Será nas escadas do Concello de Ferrol baixo os soportais.

Baixo o lema «Polo Planeta, por ti. Unha herdanza renovable», esta acción reivindicativa busca visibilizar unha fonda preocupación pola saúde do noso patrimonio natural. Está chamado a participar todo o tecido asociativo da comarca e faise nas vésperas da celebración, en París, do cumio do cambio climático.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies