REBECA COLLADO | Ferrol | Viernes 9 octubre 2015 | 18:44
A CIG-Servizos rexeita o posicionamento da empresa Lidl de negociar un convenio propio estatal. Para amosar a súa disconformidade con esta situación, uns 40 delegados de persoal do sindicato levaron a cabo este venres unha concentración diante do Lidl da Gándara.
A central sindical denuncia que este novo convenio que Lidl quere poñer en marcha suporá para cada traballador unha perda dunha media de 3.000 euros anuais. Segundo explica Cristina Martínez, de CIG-Servizos, a empresa quere descolgarse do colectivo vixente neste sector en Galicia e aprobar un de ámbito estatal que empeora as condicións dos traballadores.
Ademais da conxelación salarial, a empresa quere sexa obrigatorio traballar domingos e festivos, o que provocará unha «dimunición das vacacións», facilitar a desregularización horaria e «eliminar o plus de transporte», explicou Martínez.
Neste novo convenio tamén se contempla «ampliar o período de proba a seis meses e que o descanso diario non conte como tempo efectivo», critica Cristina Martínez.