Home / Cultura / Concentración en apoio ao Ateneo Ferrolán este martes diante do Concello de Ferrol

Concentración en apoio ao Ateneo Ferrolán este martes diante do Concello de Ferrol

FERROL360 | Luns 15 setembro 2014 | 11:55

O Ateneo Ferrolán convoca unha concentración este martes 16 de setembro ás 20:00 horas diante do Concello de Ferrol para esixir ao goberno local que asuma os gastos de traslado e almacenamento do patrimonio da entidade.

E é que este mércores o Ateneo Ferrolán irá a xuízo pola demanda da empresa Mudanzas Félix, que reclámalle o pagamento de 39.000 euros polo traslado e almacenamento do patrimonio da entidade durante as obras de rehabilitación da súa sede.

Pero desde o Ateneo afirman que ese traslado «non foi unha iniciativa desta entidade, senón que se fixo por esixencia do Concello de Ferrol e da dirección de obra, co compromiso de que o Ateneo nunca tería que facer un desembolso económico para o que non tiña capacidade financeira».

As obras leváronse a cabo, pero no trascurso das mesmas produciuse un cambio de goberno, e segundo explican desde o Ateneo cando os traballos estiveron rematados «o novo goberno do Partido Popular negouse a asumir o pagamento deste gasto, quedando o servizo prestado pola empresa impagado e o patrimonio do Ateneo retido».

No plano político, o PSdeG de Ferrol pide ao concelleiro de Cultura que «faga fronte ás súas obrigas e sexa garante da viabilidade desta entidade cultural». Así, a Executiva local apoia a campaña para salvar ao Ateneo e súmase á concentración. Ademais, Beatriz Sestayo anuncia que o PSdeG garantirá a viabilidade e espazo do Ateneo se acada o goberno municipal o vindeiro ano.

concentracion Ateneo

Un comentario

  1. ciudadana cabreada

    Espero que el alcalde, que es el máximo responsable de este problema, de la cara por una vez . La cultura es de todos y para todos y no solo para sus amigos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies