FERROL360 | Martes 30 xuño 2015 | 17:19
Os pais e nais do municipio de Monfero levarán a cabo unha concentración este martes para demandar un servizo de pediatría. A protesta, que terá lugar ás 20:00 horas diante do centro de saúde da localide, conta co apoio do goberno local e mais da agrupación socialista de Monfero.
Hai máis de 15 días que foi suprmidio o servizo de pediatría no centro de saúde do municipio e as familias teñen que desprazarse a outros concellos da comarca para recibir atención pediátrica, percorrendo ás veces distancias de máis de 40 quilómetros.
Con esta concentración, os pais e nais de Monfero queren pedir á Consellería de Sanidade a reposición deste servizo tan necesario para os pequenos e ás súas familias.