Home / Cultura / Concentración moteira, roteiros e teatro esta fin de semana en Narón

Concentración moteira, roteiros e teatro esta fin de semana en Narón

FERROL360 | Viernes 3 junio 2016 | 19:28

Narón énchese de cultura, ocio e actividades varias durante esta fin de semana. A XI Concentración Moteira Cidade de Narón no paseo marítimo de Xuvia, o roteiro cicloturista, as actuacións de fin de curso das escolas de música e baile tradicional do Padroado da Cultura e a VIII Mostra de Teatro Amador copan a oferta do municipio.

Milleiros de afeccionados ao motociclismo daranse cita esta fin de semana no paseo marítimo de Xuvia para participar na undécima edición da Concentración Moteira Cidade de Narón e a sexta das Xornadas de Turismo Activo. O Concello de Narón colabora co Motoclub Fojeteiros na organización desde evento, que para a noite deste venres xa ten a festa asegurada con concertos.

O programa continuarase desenvolvendo o sábado, a partir das 10:30 horas, cando se abrirán de novo as inscricións e comezará o mercadillo moteiro. Os moteiros partirán ás 11:00 en dirección a Cedeira e San Andrés de Teixido e ás 16:00 terá lugar unha concentración moteira.

A organización programou unha exhibición de trial ás 17:00 horas, na que participarán Víctor Ares e Jorge Muñiz. O tradicional desfile de antorchas pola estrada de Castela dará comezo ás 23:30 horas pero media hora antes a organización repartirá bandeirolas polo tramo para que a veciñanza anime o percorrido. Xa de madrugada, á 01:00 haberá unha gran festa moteira, con Dreamers Dj´s.

A convocatoria rematará o domingo día 5. Os moteiros participarán nunha ruta mototurística pola costa ferrolá ás 11:00 horas e ás 15.00 horas sortearanse agasallos entre os participantes. A clausura do evento será ás 16:30 horas.

Roteiro cicloturista e teatro

O sábado terá lugar o roteiro cicloturista, que partirá ás 10.30 horas das inmediación do local social do Val. Trátase da primeira das actividades incluídas no programa de actos deseñado polo Concello e a AVV Os Irmandiños do Val para recrear as Lendas da Pena Molexa. Consistirá nun percorrido pola parroquia para coñecer parte do seu patrimonio.

Xa ás 20:00 horas, no Auditorio municipal, os alumnos dos obradoiros de teatro de Sedes e Virxe do Mar Actividade participarán nas Mostras de Actividade Escolar. E á mesma hora cita co teatro, no Pazo da Cultura, coa obra Atchúuusss!

O domingo terá lugar o festival de fin de curso das escolas de música e baile rradicional do Padroado da Cultura. Será a partir das 16:30 o infantil e desde as 19:00 horas o de adultos no Pazo da Cultura.

Participarán algo máis de 550 alumnas e alumnos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón. Actuarán tamén nos dous festivais a Banda de Gaitas e o Grupo de Bailes Tradicionais Alxibeira. O custe das entradas é de dous euros, á venta na billeteira do Pazo da Cultura.

A VIII Mostra de Teatro Amador en Pedroso chegará ao local da Pombiña, ás 19:00 horas, coa obra Quen vai á guerra?, a cargo do Grupo de Teatro da Pombiña, de Pedroso. A entrada é de balde e a obra diríxese ao público en xeral.

Para pechar a fin de semana, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal actuarán os grupos xuvenís do obradoiro de teatro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies