FERROL360 | Mércores 31 decembro 2014 | 12:59
A banda vallisoletana Arizona Baby ofrecerá un concerto en Fene este sábado con entrada gratuíta. A cita, incluída dentro da programación de Nadal, será na praza do Concello e dará comezo ás 20:30 horas. O cartel inclúe as actuacións das bandas Superglue e Emanen´s Band, como teloneiros.
Hai uns anos, Arizona Baby converteuse nunha das grandes revelacións do panorama nacional cunha proposta acústica baseada na música de raíces norteamericanas. O seu despegue produciuse co moi apreciado Second to None (2009).
O grupo traerá a Fene o seu último traballo, Secret Fires. Un disco que amosa uns Arizona Baby máis diversos, pero sen perder as súas señas de identidade, como son o seu gusto polo acústico e as músicas de raíces norteamericanas.