FERROL360 | Martes 24 novembro 2015 | 12:57
Amosar o máis profundo rexeitamento a todo tipo de violencia machista debería ser un exercicio diario de cada un de nós. Un acto individual, que se repiten mulleres e homes, nenos e nenas, convírtese nunha declaración firme, férrea, dunha sociedade.
Marxinar e apartar a aqueles que exercen a violencia é o camiño a seguir para poñer fin a esta lacra. Non deben atopar entendemento, desculpa ou complicidade nesta atrocidade. A sociedade ten que pechar a porta a esta inxustiza, que arrebata TODO, incluso a vida, a quenes a padecen. Como o filme de Enrique Urbizu, No habrá paz para los malvados.
Nun ano negro, con 48 mulleres asasinadas, son moitos os actos que se celebran este semana en diferentes municipios das comarcas para conmemorar o 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Aquí, atoparedes unha recopilación das actividades que Concellos e entidades programaron para visibilizar esta loita social.
Actividades en Ferrol
O Concello de Ferrol quedará iluminando de cor lila, a cor identificativa da loita contra a violencia de xénero, na tarde do martes 24 de novembro, nunha mostra simbólica da determinación do goberno local coa causa. Ese mismo día, ás 11:30 horas, desenvolverase un obradoiro vinculado á exposición Cartas de Amor, sobre os conceptos que temos do amor.
O día central, o mércores 25 de novembro, haberá unha conferencia sobre a discriminación laboral, a cargo de Cristina Calvo, na Casa da Muller, ás 11:00 horas. Unha hora máis tarde, lerase a Declaración institucional do Concello nesa mesma ubicación. A continuación, proxectarase un vídeo elaborado para a campaña local contra a violencia de xénero.
O xoves 26 terá lugar unha nova conferencia na Casa da Muller sobre Saúde mental e suicidio, a cargo de Lidia Sánchez. A cita será ás 19:00 horas. O venres 27 de novembro, ás 11:30 horas, prantaranse rosas en lembranza das vítimas da violencia machista, na «Pérgola do recordo», no Parque Reina Sofía.
O concerto de Sés será unha das citas máis esperadas. Será este sábado 28 de novembro na praza de España, baixo carpa e de balde, a partir das 21:30 horas. Previamente levaranse a cabo unha serie de actuacións vinculadas aos obradoiros da Casa da Muller.
Actividades en Narón
O programa deseñado polo Concello para a xornada do mércores 25 de novembro recupera a Marcha Ciclista pola Igualdade e contra a Violencia de xénero, na que participarán preto de medio milleiro de persoas de diferentes idades, entre escolares, pais e nais e colaboradores. Os asistentes sairán dos centros a partir das 10.15 horas e percorrerán unha ruta duns oito quilómetros.
Ás 11.30 horas, ante o Monumento á Muller localizado na praza da Gándara, realizarase unha ofrenda floral e procederase a ler unha declaración institucional contra a Violencia de xénero. O programa municipal inclúe tamén a iluminación de cor malva da fachada do Pazo da Cultura.
O Pazo da Cultura acollerá unha exposición de murais realizados polos nenos e nenas de Narón durante o curso nesta área e que poderán verse no horario de apertura das instalacións desde o 24 de novembro ata o 4 de decembro.
Mentres, a Marcha Mundial das Mulleres realizará unha concentración o mércores 25 de novembro na praza da Gándara, no Monumento á Muller, ás 20:00 horas. Baixo o lema «Paremos o Feminicidio» denunciarán e amosarán o máis profundo rexeitamento á violencia machista.
Por la súa banda, a ASCM levará a cabo un obradoiro de defensa personal e tamén realizará unha composición dunha figura humana para reivindicar a causa. O martes 24 de novembro celebrarán o obradoiro no local que a entidad ten en Narón. A asistencia é gratuíta e pódese reservar praza no teléfono 981.35.14.30. Será en horario de 17.00 a 19.00 horas, e as prazas son limitadas.
A segunda actividade, correspondente á creación dunha figura humana, será o mércores 25 de novembro, a partir das 16:00 horas, na praza de Galicia. A imaxe elexida, composta polos símbolos da discapacidade e a muller, cobrará vida grazas a un grande número de mulleres, todas elas portadoras de paraugas morados.
A entidade convida a participar a todas as mulleres que o desexen a participar neste acto. Para unirse só é levar un paraugas de cualquer cor, que posteriormente se cubrirá cunha funda morada. Paralelamente, haberá unha sesión de selfies reivindicativos.
Actividades en Neda
O Concello de Neda programa todos os seus actos o mércores 25 de novembro. Así, ás 11:15 horas terá lugar unha Marcha polo bó trato. A saída será do albergue de pelegríns e percorrerá o paseo marítimo ata o Concello de Neda. Participarán alumnos dos centros escolares e todos os que o desexen poden sumarse á marcha.
Ás 12:00 horas, na praza do Concello, os alumnos lerán o manifesto institucional e ás 18:30 horas celebrarase unha conferencia na Casa das Palmeiras impartida pola concelleira de Igualdade, Ana Rosa Pena Barcia, e pola avogada Pilar Rodríguez Vargas.
Actividades en San Sandurniño
San Sadurniño celebrará ao longo de tres días os actos co gallo do 25 de novembro. A programación comezará o xoves 26 de novembro, ás 12.00 horas, cun obradoiro a cargo de Lisístrata dirixido ao alumnado de 3º a 6º de primaria do CPI. Ana Hermida contará «A historia en feminino» repasando historias de superación de mulleres que deixaron unha pegada importante na historia.
O venres 27 de novembro, a partir das 13.10 horas, o público serán os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO, que asistirán a un obradoiro de sensibilización e prevención da violencia de xénero. Nel Alejandro Gómez, mestre da Escola do Sindicato Unificado de Policía nesta materia, proporalles actividades que lles axudarán a detectar novas situacións e formas de exercer esta violencia.
Para estes dous cursos, o Concello e o equipo de Dinamización de Lingua Galega do CPI convocaron o IV Concurso de Relatos «25 de novembro», no que se valorarán textos con estilo libre que transmitan unha mensaxe clara sobre a prevención, sensibilización ou a reivindicación da loita contra a violencia machista, atendendo principalmente á orixinalidade e á eficacia comunicadora.
Os actos principais serán o sábado 28 de novembro. A titular da área de Igualdade, Ana B. Gundín, abrirá unha xornada que comeza ás 11.00 horas co IV Encontro de autoprotección ante a violencia de xénero, organizado en colaboración coa asociación APICO. As participantes poderán adquirir os coñecementos necesarios para xestionar situacións de risco e, en consecuencia, que teñan unha maior percepción de seguridade persoal.
Hai 12 prazas e é necesaria a inscrición previa chamando ao 981.490.027 ext.1, ou a través do correo veronica.rodriguez@sansadurnino.gal. Para levar a cabo a actividade tamén fai falla que se xunten alomenos seis persoas. O encontro finalizará ás 14.00 horas cun xantar que quere ser un espazo de convivencia e para o intercambio de experiencias.
Xa pola tarde, ás 16.00 horas, desenvolverase a mesa «As verbas invisibles da violencia», que abordará o uso da linguaxe como arma á hora de exercer violencia, pero tamén sobre o uso que moitas veces fan os medios e as institucións públicas de xiros en masculino cando existen fórmulas neutras en canto ao xénero.
A xornada rematará ás 18.00 horas coa obra de teatro Pementeiras, unha historia de empoderamento feminino, da compañía Xoré Teatro. A peza contrapón as realidades e os pensamentos de dúas mulleres, unha combativa coa sociedade na que vive e outra ancorada nos valores do patriarcado.
Actividades en Pontedeume
O Concello de Pontedeume organiza para o mércores 25 de novembrounha mesa redonda na que participarán diferentes expertos e mestres e na que vos alumnos poderán intervir coas súas vivencias persoais ou facer preguntas aos relatoras. A charla terá lugar na Casa da Cultura do Concello.
O Concello repartirá pulseiras co lema da campaña «Que o medo non che impida ver outro futuro» e o escudo do municipio e nos prinicpais edificios colagrase un lazo violeta polo Día Contra a Violencia de Xénero.
Ademais, o alcalde, Bernardo Fernández, lerá un manifesto contra a violencia machista na praza Real, fronte ao Concello, ás 12:00 horas.
Actividades en Cabanas
O Concello de Cabanas e a súa Concellería de Servizos Sociais desenvolven este mércores 25 unha serie de actividades no CEIP Eladia Mariño e o IES Fragas do Eume, enmarcados dentro do Programa de Acción Social coa Familia, Infancia e Mocidade.
No Eladia Mariño a sesión estará adicada a promocionar a igualdade a través de xogos e contos. O IES, pola súa banda, será o escenario de Notas pola Igualdade, unha actividade onde os alumnos e alumnas do centro disporán de post-it nas aulas nos que deberán deixar escrita unha frase de igualdade e colocalas nos espazos acondicionados para iso.
Tamén a sesión desta semana de Tempo de Familias comezará con contos sobre a igualdade para toda a familia, e despois promoverase unha charla coas nais e pais sobre a educación no fogar.
Actividades no Campus de Ferrol
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, presidirá este mércores 25 de novembro, os actos da Universidade da Coruña no Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, na Facultade de Ciencias do Traballo, campus de Ferrol, ás 12:30 horas.
Os actos comezarán coa entrega dos premios dos certames convocados pola Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC. Son os premios do III Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño. Na categoría Traballo Fin de Mestrado a Iria Carpente Seco por La mujer directiva en España, un camino por recorrer e a Natalia Domínguez Galán por A Diagnose da coeducación na ESO e no Bacharelato. Unha proposta para o cambio coeducativo desde os departamentos de orientación.
Na categoría Traballo Fin de Grao a Indagacións interdisciplinares na violencia de xénero: feminismo e educación para a paz presentado por Tania Pereira Carracedo e Repressions and Resistance: native american women and galician women presentado por Sara Cambeiro Vázquez.
Así mesmo, entregaranse os premios do 3º Certame Fotógráfico Rosalind Franklin. As mulleres na ciencia e na Tecnoloxía. O primeiro premio foi para Un reto alcanzable de Lucía Calviño Quijeiro e o segundo premio para Cultivo in vitro de células de tallo, raíz y hoja de moringa de Marta Lois Alvedro.
Os actos rematarán coa lectura institucional de rexeitamento á violencia de xénero.
Debate sobre el post