Home / Eume / Cabanas / Concertos, xantar popular, mercadillo e actividades varias para honrar a Santa Marta en Cabanas

Concertos, xantar popular, mercadillo e actividades varias para honrar a Santa Marta en Cabanas

FERROL360 | Martes 26 xullo 2016 | 9:35

O Concello de Cabanas ten preparado un completo programa cargado de actividades culturais, deportivas e de ocio para honrar a Santa Marta. Catro días de celebracións que arrancarán este xoves no entorno do piñeiral da Madalena coa inauguración do Mercadillo de Santa Marta no que participarán preto de medio centenar de postos con produtos de artesanía e alimentación.

O venres a programación centrarase nos máis pequenos da casa. Ás 11:00 horas dará comezo a sétima edición do Concurso de Castelos na area e pola tarde terá lugar a décima edición do Torneo 3×3 de Baloncesto Concello de Cabanas. Os partidos, que se prolongarán ata o domingo, data na que se celebrará a final, disputaránse na pista do parque do Areal.

Ás 20:00 horas, a Asociación de Amas de Casa Santa Marta deleitará ao público cunha actuación musical e ás 22:00 horas o Concello invita a nenos e maiores a unha noite de cine ao aire libre no piñeiral. Alí proxectarase Viaje mágico a Africa, un filme para todos os públicos incluído na Rede Cultural da Deputación.

Xa o sábado o piñeiral acollerá o espectáculo de circo galego na rúa Pistactiva, da compañía CulturActiva –incluída no programa Cultura no Camiño de Agadic-. Será ás 12:00 horas. Os concertos na Madalena darán comezo ás 22:00 horas e participarán o cantautor ferrolán Marcos Mella, a banda The Kids Band e o grupo Los Limones cunha homenaxe ao gran Andrés do Barro.

Cross Popular e xantar

O domingo arrancara forte co Cross Popular, que alcanza a XXVI edición. Aberto á participación de nenos e maiores, os interesados poden inscribirse no Concello de Cabanas no teléfono 981.49.59.59 ext. 3 ou no enderezo cultura@cabanas.es.

O prazo remata o 29 de xullo -ata as 14:00 horas-, aínda que de forma excepcional, no lugar da carreira tramitaranse inscricións ata unha hora antes da saída da proba. As diferentes distancias oscilarán entre os 1.000 e 7.000 metros, dependendo da categoría, e o percorrido discurrirá integramente a nivel do mar e polo interior do piñeiral.

Por outra banda, o grupo Airiños do Frade de San Martiño do Porto amenizará o entorno coa súa música e, ás 13:00 horas, chegará a queda da actuación musical de Nuevo Plan no piñeiral. Precederá o xantar popular que dará comezo ás 15:00 horas.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, o grupo de baile de Airiños do Frade actuará baixo a carpa do piñeiral e, ás 18:00, Xoán Curiel presentará o seu espectáculo Estamos no Verán!, incluído na Rede Cultural da Deputación. O grupo Hilda Rock porá o broche de ouro á edición deste ano da Romaría cun concerto no entorno que principiará ás 20:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies