Home / Actualidad / Conde aposta polo estaleiro 4.0 como chave para garantir a competitividade do naval ferrolán

Conde aposta polo estaleiro 4.0 como chave para garantir a competitividade do naval ferrolán

Conde durante a súa visita ao CIS Galicia este martes (cedida)
Imagen de Conde durante a súa visita ao CIS Galicia (cedida)

FERROL360 | Martes 10 mayo 2016 | 19:03

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou este martes no Foro Industria 4.0, que reúne no CIS Galicia os últimos avances tecnolóxicos, e defendeu a mellora dos procesos industriais do naval como camiño para consolidar unha competitividade «que Ferrol está a amosar día a día», con éxitos como a adxudicación dos dous BAC australianos.

Para manter esa competitividade, Conde asegurou que «é a hora de dixitalizar os nosos estaleiros, incorporando tecnoloxías como a fabricación aditiva, a robotización, o internet das cousas, os novos sensores, ou o Big Data».

Ese Naval 4.0 supón un reto de modernización que deben afrontar por igual os grandes estaleiros e a industria auxiliar, mellorando os procesos de fabricación para gañar eficiencia, garantindo así a capacidade para competir por novos contratos nos mercados internacionais, segundo indicou o conselleiro.

Conde salientou que nese camiño a Xunta seguirá a acompañar a Ferrol para garantir que permaneza á vangarda do sector, a través de iniciativas como a Unidade Mixta de Investigación da Xunta na que traballan Navantia e a UDC e que axudará a definir os procesos construtivos do estaleiro público a medio prazo.

Tamén referiuse ao convenio Naval 4.0, posto en marcha polo Goberno galego con axentes como Aclunaga e Aimen, grazas ao que se están a desenvolver proxectos de vangarda no CIS Galicia, en eidos como a robótica e a virtualización. «Con ese esforzo conxunto, que se ampliará no futuro, Ferrol e Galicia estarán na locomotora europea do Naval 4.0», afirmou Conde.

Captación de investimentos

De cara a futuro, a Xunta buscará captar investimentos de gran calado no eido da Industria 4.0, a través da Iniciativa Captación de Investimentos 4.0. Trátase dunha ferramenta para captar grandes investimentos, incentivándoos cun apoio da Xunta ligado a que estas grandes compañías contraten con empresas galegas e innoven en Galicia.

A Xunta busca así apoiar grandes proxectos sobre a fábrica intelixente e as tecnoloxías que a rodean, con orzamentos superiores aos 50 millóns de euros e apoios públicos de ata o 40 % do investimento.

As compañías interesadas, lembrou Conde, deberán realizar a industrialización e a comercialización de resultados en Galicia, terán que comprometerse a subcontratar centros de coñecemento da Comunidade, e deberán explotar os resultados do proxecto en Galicia.

4 comentarios

  1. Y de Astano no dice nada? Cuando va a volver a hacer barcos Astano? Le preocupa ese tema al PP?

  2. Nunca estais contentos con nada.
    El eterno descontento de algunos provoca hasta sonrojo
    Luego….nos extraña que las empresas no quieran consolidarse en Ferrol.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies