Home / Cultura / Coñece a programación de actividades do Ateneo Ferrolán para outubro

Coñece a programación de actividades do Ateneo Ferrolán para outubro

FERROL360 | Martes 23 setembro 2014 | 13:41

Obradoiros de interpretación para cine, un curso de fotografía, clube de lectura e radio teatro son algunhas das actividades que poderemos atopar no Ateneo Ferrolán durante o vindeiro mes de outubro.

Pero antes de cambiar de mes, o Ateneo acolle dous actos nos últimos días de setembro. Así, este mércores 24 de setembro, ás 18:30 horas, celebrarase unha Asamblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra.

Ao remate de setembro e comezos de outubro terá lugar un obradoiro de interpretación para cine da man do profesor Miguel Lago Casal. O curso celebrarase do 29 de setembro ao 2 de outubro en horario de 18:00 a 22:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas o último día do obradoiro, é dicir, o 2 de outubro.

Este curso está destinado a actores e actrices que desexen aprender técnicas de interpretación para cine. Traballarase con cámara e iluminación. O material visualizarase nas clases e será entregado aos alumnos. A matrícula ten un prezo de 65 euros e podedes formalizala xa no Ateneo.

Outubro traerá unha nova exposición ao Ateneo Ferrolán, neste caso a mostra fotográfica 12 ollos 24 miradas. E precisamente sobre fotografía organízase un curso de nivel iniciación que impartirán Fran Nieto e Xoel Rodriguez. Será todos os venres do 3 outubro ao 5 de decembro de 19:00 a 21:00 horas.

O local do Ateneo Ferrolán tamén acollerá una xuntanta do Grupo Filosófico Cirpén o mércores día 1 de outubro ás 19:45 horas. Ao día seguinte, o xoves 2 de outubro, proxectarase a película El tiempo de Plácido Meana ás 20:30 horas. Unha comedia rodada en Ferrol, Madrid e Cangas del Narcea e que conta con actores de Ferrolterra no seu reparto. Tamén haberá un coloquio con membros do equipo da película ao finalizar a proxección. Entrada gratuíta.

A música chegará o sábado día 4 de outubro, ás 20:00 horas, da man de Miguel Alonso e Banda (Javier Santana, Juan Aparicio e Iago Blanco). Presentarán o seu novo disco. E tamén regresa o clube de lectura que o Ateneo leva a cabo desde hai 12 anos de forma ininterrompida. Será todos os primeiros martes de cada mes a partires do 7 de outubro ás 19:30 horas.

O xoves día 9 de outubro, ás 20:00 horas, presentarase a obra de radio-teatro A Guerra dos Mundos 2012. Mentres, para o sábado día 11 de outubro hai programadas distintas actividades. Ás 10:30 horas unha asamblea das Marchas da Dignidade e ás 20:00 horas concerto a cargo de Sivia Penide, que presenta a reedición de Animal de compañía.

E Tato Lopez & Cia chegan o sábado día 18 de outubro ás 20:30 horas para presentar en concerto Ritmo de Arena. Unha viaxe, unha recreación musical de diferentes atmosferas compostas de musica de fusión e textos con contido social. Dende o tango ao blues ou do swing ao son cubano, convirtindo este proxecto nunha fusión de música de autor cun sabor único.

Por último, o sábado día 25 de outubro, ás 20:00 horas, tócalle o turno ao recital–coloquio-concerto de Xosé Constela, cantautor de Compostela. Non se trata dun concerto habitual, xa que o público ten un papel activo ao poder participar comentando, facendo preguntas ou lendo poemas e textos entre canción e canción.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies