Home / Sociedad / Ocio / Contacontos e obradoiro de cociña para peques este domingo na Frouxeira

Contacontos e obradoiro de cociña para peques este domingo na Frouxeira

FERROL360 | Xoves 11 julio 2019 | 8:59

O parque da Frouxeira convertirase no mellor dos escenarios este domingo para acoller o contacontos de Teatro Calavera e un obradoiro de cociña pensado para todo o público. Ambas citas son gratuítas e darán comenzo ás 19.30 horas.

No contacontos Chocolate, de Teatro Calavera, o cociñeiro Antón reta á pasteleira Tomasa a conseguir o mellor chocolate do mundo. Así, Tomasa colle rumbo mar adiante en busca da árbore do cacau e consegue facer o mellor chocolate do mundo.

Ao remate do contacontos, o público asistente poderá participar nun obradoiro de cociña no que se elaborarán brochetas de froitas recubertas de chocolate fondiu.

Estas propostas dirixidas ao público familiar, forman parte do programa Escenarios Paralelos, do Concello de Valdoviño, co que se aposta por promover iniciativas culturais máis aló da Casa da Cultura.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies