Home / Ortegal / Cariño / Contacontos en igualdade para inclu?r a perspectiva de x?nero nas historias de sempre

Contacontos en igualdade para inclu?r a perspectiva de x?nero nas historias de sempre

ARY L?PEZ | M?rcores 12 febreiro 2014 | 11:33

Numerosos son os clix?s asociados a homes e a mulleres e que por tradici?n se asentan entre a sociedade dende que somos pequenos. Para desbotar alg?ns destes t?picos hai ensinanzas alternativas que invitan a fortalecer a tolerancia e ver con outros ollos ao noso igual.

Precisamente ? na infancia onde se deber?a ter m?is tino ? hora de xerar discursos que puideran ser exclu?ntes, inclin?ndonos cara aqueles respectuosos con ?mbolos dous x?neros. Tratar de maneira igualitaria tanto a nenos como a nenas ser? fundamental para que cando medren contaxien os mesmos par?metros nos que foron educados.

Con esta premisa, xorde un programa educativo que o Concello de Cari?o acaba de po?er en marcha en febreiro; un mes que decidiron adicar a fomentar a educaci?n en igualdade. Para iso, prepararon unhas sesi?ns baseadas nos contos de sempre pero narrados dunha maneira un tanto diferente, ou polo menos m?is axeitados aos nosos tempos.

Dende o consistorio destacan que a idea ? ?incorporar a perspectiva de x?nero nos contos infant?s?, rachando cos estereotipos que constantemente relacionan ?s nenas con princesas e ?s nenos con pr?ncipes.

As sesi?ns l?vaas a cabo a monitora de actividades socioculturais, Mar?a Garrote, e a educadora familiar, Pamela Vila. Elas mesmas nos contaron en que consisten exactamente estas sesi?ns de ‘Contacontos en igualdade’ e os fins que perseguen.

Como se conta unha historia dende a perspectiva de x?nero?

? hora de contar un conto ? importante saber captar a atenci?n dos o?ntes. O tema escollido e o f?o condutor deben ser atractivos e se os queremos facer dende unha perspectiva de x?nero hai que empregar certos roles ou s?mbolos que o fomenten. Por exemplo, cando nos diriximos ao p?blico infantil, escollemos contos onde os personaxes protagonistas son animais, da mesma raza ou diferentes, pero cuns roles humanos. A idea de que un animal poida facer o mesmo que calquera dos nosos o?ntes capta ao noso p?blico dunha maneira abraiadora, aproveitando isto para facer unha difusi?n de roles adecuados ? vida actual, rompendo cos estereotipos tradicionais sexistas e discriminatorios.

Por que un ‘Contacontos en igualdade’ s? en febreiro? Que ocorre o resto dos meses?

Os contacontos do mes de febreiro est?n baseados en historias que tratan da igualdade de oportunidades, inculcando estes valores nas novas xeraci?ns dunha forma pr?ctica e efectiva. Escolleuse este mes aproveitando que o vindeiro 8 de marzo ? o D?a Internacional da Muller. Por iso, precisamente, cremos importante dedicar tempo a actividades que promovan a defensa da igualdade real indo m?is al? das celebraci?ns oficiais e inculcando estes valores no d?a a d?a. O obxectivo agora ? conseguir que nun futuro a igualdade de oportunidades estea presente en t?dolos ?mbitos sociais.

Unha das sesi?ns de Contacontos en igualdade impartida pola monitora de actividades socioculturais, Mar?a Garrote e a educadora familiar, Pamela Vila (cedida)

Unha das sesi?ns de ‘Contacontos en igualdade’ impartida pola monitora de actividades socioculturais, Mar?a Garrote, e a educadora familiar, Pamela Vila (cedida)

As xornadas de Contacontos en igualdade desenv?lvense t?dolos martes e xoves a partir das catro e media da tarde na biblioteca municipal de Cari?o (cedida)

As xornadas de ‘Contacontos en igualdade’ desenv?lvense t?dolos martes e xoves a partir das catro e media da tarde na biblioteca municipal de Cari?o (cedida)

Que valores se fomentan?

Principalmente o respecto, que se traballa transmitindo pensamentos positivos e fomentando comportamentos como a empat?a, a aceptaci?n propia e a das outras persoas, a autoestima, a evitaci?n de prexu?zos, a independencia econ?mica e emocional, a convivencia e a resoluci?n de conflitos de forma non violenta, etc?tera. As?, buscamos a consecuci?n dunha sociedade igualitaria onde cada persoa poder? sentirse libre de non desempe?ar o papel que «lle corresponde» segundo sexo.

Que obxectivos queredes acadar?

?Sempre se fixo as?? ou ?sempre foi as?? son afirmaci?ns que perpet?an unha serie de valores tradicionais relacionados directamente co papel que mulleres e homes desempe?an tanto na esfera p?blica ?traballo, relaci?ns sociais? como na esfera privada ?coidado da familia, atenci?n do fogar?, pero que a d?a de hoxe son negativos para un ?ptimo desenvolvemento persoal de cada quen. Por iso, con estes contacontos traballamos valores e actitudes que favorecen a superaci?n dos papeis tradicionais sexistas, abrindo paso a comportamentos igualitarios e respectuosos.

Ao abeiro deste obxectivo, tam?n esperamos conseguir outros m?is concretos como a comprensi?n das diferenzas e similitudes entre sexos e x?neros, o fomento de actitudes tolerantes, o reforzo da autoestima, a expresi?n de emoci?ns e sentimentos e o af?n por acadar metas superando os condicionantes por unha cuesti?n de sexo e x?nero.

Inscrici?ns

As xornadas de Contacontos en igualdade postas en marcha por Mar?a Garrote e Pamela Vila desenv?lvense t?dolos martes e xoves a partir das catro e media da tarde na biblioteca municipal de Cari?o. Poden participar de maneira gratu?ta aqueles nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2010.

Para m?is informaci?n, p?dese chamar ao tel?fono 981 42 02 16 ou escribir un correo electr?nico a biblioteca@concellodecarino.com .

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies