Home / Cultura / Contacontos, obradoiros ou curtametraxes en Narón para celebrar as Letras Galegas

Contacontos, obradoiros ou curtametraxes en Narón para celebrar as Letras Galegas

FERROL360 | Xoves 8 maio 2014 | 18:00

O Concello de Narón presentou está mañá as actividades coas que vai homenaxear a Xosé María Díaz Castro, o autor protagonista do Día das Letras Galegas deste 2014. Contacontos para nenos, obradoiros para os mozos ou un curso de curtametraxes e blogs son os eventos explicados pola concelleira local de Educación, Carmen Espada, e a técnico do Servizo de Normalización Lingüística naronés, Adela Pita. Tamén terá lugar o XXV Certame Intercentros do Concello.

O contacontos O neno e a estrela é a primeira das actividades previstas. Está dirixida aos rapaces de entre 3 e 6 anos e é unha narración que inventa as aventuras do pequeno Díaz Castro a partir de motivos recorrentes na súa obra Nimbos. Un dos obxectivos é presentar a contorna natural e patromonial onde viviu a súa infancia o poeta. Será en dous días: o luns 12, de 18:00 a 18:30 horas, na Biblioteca Municipal do Alto –hai que reservar praza alí-; o martes 13, nas escolas infantís municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara.

A segunda tarefa é un obradoiro co nome Renova a camisola con Díaz Castro. Consiste nun taller de pintura e creatividade literaria para decorar estas prendas, cos nenos de Primaria e Secundaria como destinatarios. Para os de 7 a 12 anos terá lugar na Biblioteca Municipal de Narón o 12 de maio entre as 19:00 e as 20:30 horas –hai que reservar praza-. Logo, para os estudantes da ESO, hai catro datas: o día 6 e mais o 8 no Santiago Apóstol -xa celebrados-, o luns 12 no Feal e o 20 de maio no Jorge Juan.

O XXV Certame Intercentros que organiza o CEIP Ponte de Xuvia é a derradeira actividade, o venres 16 de maio no Auditorio da praza de Galicia.

Curso de curtametraxes e blogs para os maiores

Os maiores de 18 anos dispoñen doutra acción do Servizo de Normalización Lingüística. Trátase dun curso de curtametraxes e blogs, que pretende ser unha iniciación á creación audiovisual ao redor do proxecto O nobelo do tempo, de recollida e reelaboración da tradición oral.

O obxectivo do curso é formar xente en materia audiovisual e facerlles ver a riqueza do imaxinario popular para a construción de historias. Os interesados en cubrir unha das 20 prazas dispoñibles poden apuntarse no Rexistro Xeral do Concello de Narón a partires do 12 de maio. A Aula CEMIT de Xuvia será a que acolla a ensinanza entre o 28 de maio e o 27 de xuño os mércores e venres de 18:30 a 20:30 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies