Home / Ortegal / Cariño / Continúa aberto o prazo de inscrición para as actividades do novo curso en Cariño

Continúa aberto o prazo de inscrición para as actividades do novo curso en Cariño

FERROL360 | Venres 20 setembro 2013 | 17:25

O abano de ofertas que a vila de Cariño propón para o tempo libre é tan amplo que a palabra aburrimento deixará de ter significado.

Dentro das actividades culturais, ofértanse contacontos para nenos, música e baile, relaxación ou manualidades. Ademais, a agrupación de teatro Metamorfose está a argallar un novo espectáculo e invitan a tódolos interesados a acudir á primeira reunión que terá lugar o 2 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal.

Para loitar coa vida sedentaria, nada mellor que escoller algunha das seguintes propostas deportivas: natación, patinaxe en distintos niveis, xogos predeportivos ou ximnasia de mantemento.

O prazo para apuntarse rematará o próximo venres 27 e comezarán o martes 1 de outubro.

Ese mesmo día tamén se impartirá un Obradoiro de Orientación Laboral, dentro do programa de formación para a mocidade Activa 2013 da Rede Galega de Dinamización Xuvenil. Os contidos que serán abordados ao longo de dúas horas son: a mellora da empregabilidade, as ferramentas para atopar emprego, oportunidades en momentos de crise e o currículum e a entrevista de traballo. Poden participar os maiores de 16 anos. Máis información na Casa da Cultura ou no teléfono 981 42 02 16.

Pola súa banda, a Asociación Pro-Minusválidos de Cariño (Aprom) organiza un curso de pintura en tela e bordado a man, actividades que se desenvolverán en dúas quendas con horarios distintos. As inscricións poderán facerse no local da asociación antes do vindeiro 25 deste mes. Os cursos comezarán o xoves 3 de outubro e o prezo é de 15 euros ao mes.

A Casiña da Música

No número 43 da rúa das Angustias hai unha escola que está de estreo. A piques de comezar coas actividades vén de realizar esta semana unhas xornadas de portas abertas. Para festexar a súa apertura, organizan no Auditorio Municipal un concerto inaugural a cargo do grupo A Roda. Será este sábado ás 20:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies