Home / Eume / As Pontes / Conto Viaxeiro inicia a súa segunda edición nos colexios de As Pontes para promover o galego

Conto Viaxeiro inicia a súa segunda edición nos colexios de As Pontes para promover o galego

FERROL360 | Mércores 1 outubro 2014 | 18:05

A segunda edición de Conto Viaxeiro vén de iniciarse hoxe no Concello de As Pontes. A iniciativa audiovisual quere fomentar a creatividade dos estudantes ao tempo que se promove o uso do galego, tanto a nivel escrito coma oral. Celébrase nos centros de Primaria do municipio, co respaldo económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O CEIP Santa María foi hoxe o primeiro en acoller este proceso de creatividade audiovisual. Neste centro, participarán os alumnos de 1º a 4º de Primaria; tamén forman parte do proxecto os estudantes de 3º e 4º de Primaria dos colexios A Fraga, A Magdalena e Monte Caxado.

Esta mañá, os rapaces de Santa María deseñaron as personaxes que protagonizarán a historia. Esta sesión tivo á creatividade coma eixo central e é a primeira das oito previstas, cambiando de colexio cada vez. O resto empregaránse para crear o conto, con actividades coma as ilustracións ou o guión da historia.

O proceso pode seguirse en Internet, no blog específico creado para esta iniciativa tan pontesa, ao que se accede a través da web do Concello de As Pontes. Na páxina, ademáis, pódense atopar actividades complementarias e, unha vez a historia sexa finalizada, será posible descargar o conto.

Colegio Santa María (foto: Concello de As Pontes)

O colexio Santa María é un dos catro que participa cos seus alumnos de Primaria na iniciativa Conto Viaxeiro para promover o galego entre os alumnos (foto: Concello de As Pontes)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies