Home / Actualidad / Convocado o XXIV Certame de creación artística poesía e imaxe en galego de Ferrol

Convocado o XXIV Certame de creación artística poesía e imaxe en galego de Ferrol

Foto das RRSS do concello

FERROL360 | MÉRCORES 10 DE XANEIRO | 14:35

A concelleira de Normalización Lingüística, Patricia Cons, anunciou este mércores a convocatoria do XXIV Certame de creación artística poesía e imaxe en galego, organizado polo Concello de Ferrol en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Este certame, enmarcado nas prioridades do Concello de Ferrol para promover a dinamización lingüística, busca fomentar o uso do galego entre os máis novos a través da creación artística. Patricia Cons destacou que esta iniciativa se alinea co Plan de Normalización Lingüística, priorizando actividades dirixidas ao sector xuvenil e educativo.

O certame está aberto a todos os niveis do ensino non universitario, desde Educación Infantil ata ciclos formativos. Os participantes deberán presentar unha composición plástica ou audiovisual orixinal en dúas modalidades: Modalidade A, que inclúe debuxo, pintura, colaxe e fotografía; e Modalidade B, enfocada ao ámbito audiovisual.

É requisito fundamental que calquera texto (frase, lema, etc.) que forme parte da imaxe presentada estea redactado en lingua galega. A información necesaria xa foi transmitida aos centros educativos, xunto cos textos seleccionados pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, nos que destaca a figura de Luisa Villalta, homenaxeada nas Letras Galegas do ano 2024.

Os centros educativos terán ata o 1 de marzo de 2024 para enviar os traballos dos alumnos e alumnas seleccionados ao correo electrónico da Coordenadora de Normalización Lingüística de Ferrolterra (ferrolterracequipnormalizacion@gmail.com). As obras seleccionadas serán expostas nunha mostra realizada polo Concello de Ferrol e a CENL (Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística).

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies