Home / Ortegal / Cerdido / Curso de horticultura e floricultura en Cerdido no mes de agosto

Curso de horticultura e floricultura en Cerdido no mes de agosto

FERROL360 | Xoves 16 xullo 2015 | 11:21

Cerdido acollerá o vindeiro curso enmarcado dentro do proxecto Rede Xiana 2 sobre horticultura e floricultura. Trátase dun obradoiro de 800 horas, que comezará no mes de agosto, e para o que hai 18 prazas dispoñibles. As inscricións deberán facerse presencialmente nas oficinas de Servizos sociais do Concello antes do 24 de xullo.

Os interesados en participar deberán presentar copia do DNI -ou NIE-, copia da tarxeta de demandante de emprego actualizada, certificado ou volante de empadroamento, informe de vida laboral emitido neste mes de xullo e a ficha de inscrición, a cubrir no momento pola responsable municipal do proxecto.

Proporcionar a información, formación e experiencia profesional necesaria para realizar distintas operacións asociadas a unha explotación de horta ou de flor cortada, son os obxectivos do curso. Así, os participantes aprenderán sobre instalación, produción, colleita, sanidade vexetal, manexo de aparellos e máquinas, rendibilidade económica, normativa ambiental e calidade, entre outras.

O curso divídese nunha parte teórica, de 600 horas a impartir na Casa da Cultura de Cerdido entre o 3 de agosto e o 30 de decembro, e unha práctica de 200 horas durante un periodo que vai depender do plan de traballo acordado coa empresa en que se van desenvolver esas prácticas. O curso non está homologado pola Xunta e, polo tanto, non leva asociado certificado de profesionalidade.

O proxecto Rede Xiana 2 busca favorecer a inserción laboral de persoas desempregadas a través de itinerarios formativos que comprenden materias específicas, outras transversais e prácticas profesionais non laborais.

Publicidad

campamentos

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies