FERROL360 | Mércores 21 setembro 2016 | 9:32
O Concello de Valdoviño, a través do departamento municipal de Servizos Sociais, organiza unha nova edición dos cursos para preparar os exames para obter o título de Educación Secundaria Obrigatoria. Os interesados poden acudir este xoves a unha charla informativa, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura.
Nesa xuntanza o Concello dará conta do contido dos cursos, periodicidade das sesións, horarios, etc. O venres abrirase o prazo de inscrición nos cursos de preparación para a obtención do graduado en educación secundaria e as unidades de competencia laboral nivel 2 e nivel 3.
A solicitude deberá formalizarse no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial- en horario de 8:00 a 14:00 horas. O prazo pecharase o 30 de setembro.