Home / Sociedad / Empleo / Cursos de inglés, portugués e galego en San Sadurniño para os vindeiros meses

Cursos de inglés, portugués e galego en San Sadurniño para os vindeiros meses

FERROL360 | Martes 15 setembro 2015 | 12:50

A Oficina de Orientación laboral de San Sadurniño, en colaboración co centro de estudos Edinan, pon en marcha os cursos de inglés, portugués e galego para este curso. A formación vai dirixida a persoas adultas co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade. O día 21 de setembro abrirase o prazo de inscrición, que deberá realizarse en Orientación laboral ou no teléfono 650 198 917.

De inglés haberá tres accións formativas: un curso de preparación da proba libre da Escola Oficial de Idiomas no nivel B1, con dúas horas de clase durante dous días á semana desde mediados de outubro ata xuño. Outro dos cursos será de nivel básico de iniciación, con sesións de 2,5 horas unha vez por semana desde mediados de outubro ata finais de ano.

Por último, tamén se ofrece un curso básico algo máis avanzado para persoas que xa teñen coñecementos previos, ou que fixeran o de iniciación, que comezaría a primeiros de 2016 e que duraría ata maio, tamén con 2,5 horas de clase á semana.

Con respecto ao galego, sobre o 15 de outubro tamén se iniciaría o curso preparatorio do CELGA nos niveis 3 e 4, con clases de dúas horas de duración unha vez por semana.

A última opción, a de lingua portuguesa, é preparatoria para o exame do nivel B1 da EOI. Arrancará a mediados de outubro e desenvolverase ata a realización da proba, prevista para o mes de xuño. A formación impartirase en sesións de dúas horas dous días por semana. A diferenza do curso de inglés, para este non é necesario ter coñecementos previos.

Todos os cursos ofertados realizaranse en horario de tarde-noite e será necesario reunir entre un mínimo de 8 e un máximo de 20 persoas por grupo para levalos a cabo. Os prezos son semellantes aos doutros anos e dependerán do número de horas que se fagan. Así, os cursos de 4 horas semanais terán un custe de 50 euros, os de 2,5 custarán 30 e os de dúas horas serán de 25 euros mensuais.

O prazo de inscrición estará aberto entre o 21 de setembro e o 13 de outubro, agás para o segundo curso básico de inglés, que abrirá un prazo específico no mes de xaneiro. Para informarse sobre prezos e condicións ou apuntarse en calquera destas accións formativas cómpre enviar un correo electrónico a info@centrodeestudiosedinan.es, poñendo no asunto «San Sadurniño».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies