Home / Sociedad / Empleo / Cursos gratuítos para favorecer a empregabilidade e o emprendemento en San Sadurniño

Cursos gratuítos para favorecer a empregabilidade e o emprendemento en San Sadurniño

FERROL360 | Martes 16 setembro 2014 | 11:12

A programación para móbiles, a marca persoal en liña ou a mercadotecnia en redes sociais, son ferramentas moi útiles para calquer emprendedor e tamén para que as empresas favorezcan a súa empregabilidade. Agora tes a posibilidade de coñecer a fondo estes campos cos cursos gratuítos que se levarán a cabo na Aula CeMIT de San Sadurniño.

As inscricións poden facerse na propia Aula CeMIT, a través desta web ou enviando un correo electrónico a cemit.sansadurnino@xunta.es. Os cursos arrancan o vindeiro 22 de setembro e os bloques temáticos son: configuración de dispositivos móbiles e programación de aplicacións, ferramentas web 2.0 para o desenvolvemento de contidos especializados no eido da Sociedade da Información e estratexias de márketing online orientadas ao comercio electrónico.

Cada actividade terá unha duración de entre 25 e 30 horas, repartidas en sesións diarias de catro horas e difundidas a través de videoconferencia. Ademais, ofrécense actividades complementarias como seminarios de expertos, presentación de casos de éxito ou seminarios de mentores dixitais. Tamén se convoca un concurso de aplicacións móbiles cun prazo de presentación de candidaturas que abre o próximo 6 de outubro.

A memoria das mulleres de San Sadurniño

Canda estas actividades, a aula e o departamento de Igualdade continúan co proxecto A memoria das mulleres de San Sadurniño, no que estes días participan 40 mulleres convertidas en fotógrafas-retratistas do territorio. Trátase dunha proposta iniciada no mes de marzo como complemento dos obradoiros de memoria activa que se desenvolveron nas distintas parroquias do territorio.

Ademais de facer exercicios para manter esperto o cerebro, ás persoas participantes -case todas mulleres- propúxoselles reconstruír a memoria viva do municipio a través dos seus recordos e vivencias.Así, arredor de 40 mulleres de Ferreira, Naraío, Santa Mariña, Bardaos e San Sadurniño están aprendendo a sacar fotografías que despois incorporarán ao proxecto.

No mes de marzo o departamento de Igualdade e a Rede CeMIT teñen previsto facer unha exposición coas fotografías.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies