Home / Actualidad / CxG-Cariño solicita á Xunta a elaboración dun plan que mellore o transporte público na comarca do Ortegal

CxG-Cariño solicita á Xunta a elaboración dun plan que mellore o transporte público na comarca do Ortegal

FERROL360 | Luns 9 setembro 2013 | 13:39

Compromiso por Galicia (CxG) en Cariño alerta da posible marxinación da comarca do Ortegal no Plan de Racionalización do Transporte Ferroviario e incide na necesidade de cubrir as demandas dos usuarios do transporte público.

A agrupación nacionalista insta a unha fronte común entre os concellos da bisbarra para que soliciten á Xunta de Galicia un plan que mellore o servizo de transportes actual e a adopción de convenios necesarios entre as empresas que operan nas comarcas de Ferrolterra e Ortegal. Ademais, demandan a existencia de horarios compatibles entre as liñas de ferrocarril e autobús, algo que hoxendía consideran inexistente.

Califican de «lamentable» o feito de manter un servizo básico para a zona cando, din, «debéramos estar elaborando un plan de transporte público e de mercadorías acorde ao século XXI, que puxera en valor a potencialidade desta comarca». Consideran que o turismo tamén se ve freado porque «as comunicacións con Ferrol ou con Viveiro son moi deficientes».

Agardan que a Xunta elabore un plan de mellora do transporte público e non sexan os criterios de Renfe ou de Arriva os únicos a ter en conta.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies