Home / Cultura / Danza e circo contemporáneo este domingo en Valdoviño

Danza e circo contemporáneo este domingo en Valdoviño

FERROL360 | Sábado 28 xullo 2018 | 12:52

O parque da Frouxeira de Valdoviño será o escerario onde se celebrará este domingo o espectáculo «Up2down» apto para toda a familia. A partir das 19:30 horas a compañía Traspediante realizará unha función que combinará humor e danza cunha disciplina circense nova en Galicia, o funanbulismo.

As funanbilistas Marta Alonso e Paula Quintas interpretarán un papel antagónico entre as dúas, o alto e o baixo, no que a funanbulista etérea é ideal, namentres que a cómica é terrenal e mundana.

Deste xeito, o público poderá disfrutar dun acto diferente e novidoso no que as desexos e aspiracións dos protagonistas é o mesmo, alcanzar o equilibrio, é dicir, o aplauso e a diversión dos asistentes.

No caso de mal tempo as actuacións serán na Casa da Cultura.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*