Home / Cultura / Davide Salvado achega este xoves o seu espectáculo de música tradicional ao Torrente Ballester

Davide Salvado achega este xoves o seu espectáculo de música tradicional ao Torrente Ballester

FERROL360 | Martes 19 novembro 2013 | 18:11

É unha das voces novas que están comezando a deixar unha importante pegada na música tradicional galega. Davide Salvado está a presentar o seu novo traballo discográfico, O ladrón de amorodos. Un álbum moi íntimo no que colaboran artistas galegos coma Mercedes Peón.

Neste caso, Davide Salvado non subirá só ao escenario ferrolán, senón que virá acompañado da súa pequena banda composta polo acordeonista Santi Cribeiro (Berrogüetto) e o percusionista e gaiteiro Cristian Silva.

Voces e percusións tradicionais son as protagonistas dun proxecto feito dende o corazón por un músico autodidacta. El mesmo foi quen de plasmar no seu álbum os ritmos e as melodías das mulleres anónimas, pandeireteiras e bailadoras, que durante anos transmitiron e transmiten o noso son popular.

O Centro Cultural Torrente Ballester, continuando co seu ciclo cultural Noites na Capela, acollerá esta cita, que terá lugar o xoves dende as 21:00 horas. As entradas poden adquirirse de maneira anticipada no despacho do teatro Jofre ou na páxina web do Concello de Ferrol.

Davide Salvado actuará este xoves na capela do Centro Cultural Torrente Ballester

Davide Salvado actuará este xoves na capela do Centro Cultural Torrente Ballester

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies