FERROL360 | Luns 15 maio 2023 | 17:37
O grupo de pandeireteiras belgas e fillas de emigrantes galegos realizan nestas Letras Galegas unha xira moi especial polo país, sendo Ferrol unha das suas paradas o próximo 17 de maio, ás 20:30 horas no Teatro Jofre. Ialma canta a Rosalía será o espectáculo no que Verónica Codesal, Natalia Codesal, Eva Fernández e Marisol Palomo contan a súa historia, que é a de tantos migrantes.
«O noso proxecto é, coma o de Rosalía, un horizonte de esperanza. Amamos a vida, a música, a poesía, a danza, a xente. Ialma é dignidade, liberdade e alegría de vivir», así definen elas este espectáculo. Durante máis de 20 anos, as cantareiras de Ialma cantan e tocan no seu país de orixe en todo o mundo.
Dende os seus inicios, con Palabras Darei, o seu primeiro disco, percorreron moitos camiños. Camiños nos que se cruzaron con grandes artistas como Dulce Pontes, Carlos Nuñez, Kepa Junkera ou Mercedes Peón, entre tantos outros.
A cultura musical e as tradicións galegas son as súas fontes de inspiración inesgotables que lles permitiron construír, pouco a pouco, un amplo repertorio de cancións tomadas das súas raíces pero adaptadas á súa vida diaria: a das mulleres de hoxe.
Deixámos un vídeo para que poidades ir entrando no seu universo sonoro.