Home / Sociedad / Naturaleza / Denuncian a aparición dun vertedoiro de lixo soterrado no Parque natural das Fragas do Eume

Denuncian a aparición dun vertedoiro de lixo soterrado no Parque natural das Fragas do Eume

FERROL360 | Venres 4 xullo 2014 | 19:53

A entidade ecoloxista ADEGA deu a coñecer que a Comunidade de Montes de Ombre, en Pontedeume, atopou un vertedoiro de lixo soterrado en pleno Parque natural das Fragas do Eume. Segundo explican desde a organización, no proceso de inspección dunhas parcelas forestais certificadas co selo FSC apareceron restos de electrodomésticos e cando tentaron removelos atoparon toneladas de refugallos urbanos, mesmo tóxicos e perigosos.

Ao parecer os comuneiros contan que no antigo vertedoiro municipal, que hoxe se atopa selado, as autoridades daban orde de «facer sitio» para acoller máis lixo. O resultado son moreas de residuos estrados nos montes que acabaron cubertos pola vexetación. «Lixo que non se ve, lixo que non existe!», denuncian desde a entidade ecoloxista.

Segundo relatan desde ADEGA, a Comunidade de Montes de Ombre puxo o asunto en coñecemento do concello de Pontedeume e da dirección do Parque Natural para de denuncialo ao SEPRONA, co obxectivo de retirar e tratar axeitadamente estes refugallos. Pero a entidade indica que o Concello desviou a responsabilidade a quen depositou o lixo nese lugar esixindo aos comuneiros que identificaran aos infratores.

Pola súa banda, a dirección do Parque Natural está «a estudar o tema» e segundo afirman desde ADEGA «a única resposta clara que recibíu a comunidade de montes de Ombre foi a de non avisar aos ecoloxistas».

Desde ADEGA afirman que isto é algo máis que un caso puntual, e evidencia o desleixo das administracións polo coidado do noso patrimonio natural máis valioso.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies